DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 8 de abril de 2026 Páx. 21758

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 18 de marzo de 2026, da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico, polo que se notifican os oficios de citación de visitas de recoñecemento sobre o terreo de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente E-71-333-C e catorce máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os oficios de citación de visitas de recoñecemento sobre o terreo de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente E-71-333-C e catorce máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2026

José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico

ANEXO

Expediente

Titular

Data do oficio

E-71-333-C

Ramón Taibo Reino

18.3.2026

E-1831-C

Carmen García Martínez

18.3.2026

E-62-870-C

Justo Castiñeira Álvarez

18.3.2026

E-2032-C

José Mira Nogueira, Consuelo Sánchez Fernández

18.3.2026

4566-F-337

María Abelenda García e demais herdeiros de Pedro Muñiz García

18.3.2026

E-42-5523-C

María Mercedes Bello Permuy e Juan e Américo Lamas Bello

18.3.2026

E-42-3268-C

María Mercedes Bello Permuy e Juan e Américo Lamas Bello

18.3.2026

E-64-2181-C

José Arnoso Meizoso, Antonio Gómez Piñeiro, Manuel Vence Eiras, Francisco Rodríguez López, José López Seijo, Celia Piñeiro López, Jesusa Buyo López, Juana Buyo López, José María Paz Meizoso

18.3.2026

E-42-5192-C

Ignacio Porta López

18.3.2026

DH.A15.9584

Comunidade de Usuarios de Cova

18.3.2026

DH.A15.18179

Christian Bernhard Müller

18.3.2026

E-72-240-C

Manuel Otero Suárez

18.3.2026

DH.A36.10762

Pastora Ucha Pazos

18.3.2026

DH.A36.13019

Perfecto Gondar Otero

18.3.2026

DH.A36.5245

Comunidade de Usuarios de Augas de Monte do Faro

18.3.2026