DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 8 de abril de 2026 Páx. 21756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 18 de marzo de 2026, da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico, polo que se notifican os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente DH.A36.7414 e oito máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante LPAC), ao ser descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente DH.A36.7414 e oito máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2026

José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico

ANEXO

Expediente

Titular

Data do acordo

DH.A36.7414

Comunidade de Usuarios Costoia

20.2.2026

DH.A36.7906

Mercedes Couto Canicouva

20.2.2026

DH.A36.7820

Adolfo Fernández Güimil e Roberto Doval Güimil

20.2.2026

DH.A36.7911

Fernando Valladares Paz e Palmira Couto Amigo

20.2.2026

DH.A36.7905

Manuel Failde Rey

20.2.2026

DH.A36.7913

Serafín Lareu Rey

20.2.2026

DH.A36.9579

Mª Aurita Pumeda Taboada

20.2.2026

DH.A36.7904

Jesús Valladares García e Carlos Junquera Fernández

20.2.2026

DH.A36.10733

Alicia Tilve Outón

20.2.2026