DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 8 de abril de 2026 Páx. 21754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 18 de marzo de 2026, da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico, polo que se notifican os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente 1007-M e dez máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente 1007-M e dez máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e a constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2026

José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico

ANEXO

Expediente

Titular

Data do acordo

1007-M

Ángel Arés González e outros

27.2.2026

1560-M

Emilia Currás Blanco e outros

27.2.2026

E-48-5317-L

Herdeiros de José Rodríguez Eijo

27.2.2026

1736-M

Elvira González Montenegro

27.2.2026

1623-M

Anselmo Sacido Ramos

27.2.2026

E-61-8726-L

José Ferreira

27.2.2026

E-62-2866-L

Engracia Galdo Sixto e outros

27.2.2026

E-33-1964-L

José Manuel Rodríguez Moreda e outros

27.2.2026

420-M

Pablo Díaz Yáñez

27.2.2026

373-M

José Álvarez López

27.2.2026

E-62-C

Azucarera Padrón

27.2.2026