De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación ás persoas interesadas e non podendo efectuarse por causas non imputables á Administración, notifícaselle ás persoas interesadas o acto referido ao procedemento de arrendamento de predios incorporados ao Banco de Terras de Galicia que se indica no anexo deste anuncio.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU):
a) De forma presencial, nas dependencias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Lugar A Barcia, núm. 56, Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
b) Na sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada, se é un suxeito que opta por relacionarse electronicamente coas administracións públicas, ou está obrigado a relacionarse de tal forma. De tratarse dun procedemento que aínda non estea habilitado na sede electrónica, pode solicitar que se lle remita ou se poña á súa disposición o expediente.
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2026
Mª Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
ANEXO
|
Núm. expediente |
Procedemento |
DNI |
Acto que se notifica |
|
20083201480-223-12732 |
Arrendamento de predio rústico incorporado ao Banco de Terras de Galicia |
34717887P |
Requirimento para a formalización do arrendamento (remisión de contratos) |
|
20153600001-2018-8354 |
Arrendamento de predio rústico incorporado ao Banco de Terras de Galicia |
76829589K |
Requirimento para a formalización do arrendamento (remisión de contratos) |
|
20133200376-CAR-4846 |
Arrendamento de predio rústico incorporado ao Banco de Terras de Galicia |
34607792Z |
Extinción do contrato de arrendamento dun predio integrante do Banco de Terras de Galicia |
|
20081500797-2023-12191 |
Arrendamento de predio rústico incorporado ao Banco de Terras de Galicia |
76346787N |
Resolución pola que se declara deserta a adxudicación do arrendamento |
