DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 8 de abril de 2026 Páx. 21765

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 17 de marzo de 2026 polo que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística PO-0153-2025.

O 5 de marzo de 2026, a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou unha resolución en relación cunhas obras executadas en solo rústico (expediente PO-0153-2025).

Ao non poder realizar a notificación persoal desta resolución ás persoas titulares do documento nacional de identidad número 35478749F e 53182948W, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber ás persoas interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase efectuada.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito de presentar o recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a sección do contencioso-administrativo do tribunal de instancia en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2026

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística