DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 8 de abril de 2026 Páx. 21764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 17 de marzo de 2026 polo que se notifica a resolución do expediente sancionador e de reposición da legalidade LU-0044-2025.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 9 de xaneiro de 2026, ditou resolución no expediente sancionador e de reposición da legalidade LU-0044-2025.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución á persoa interesada con documento nacional de identidade 77595799D, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10 ) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar esta notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia da circunscrición onde radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa destinataria arriba indicada, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2026

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística