De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar o concurso de acceso convocados mediante a Resolución desta universidade do 6 de maio de 2025 (DOG do 15 de maio) e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria, unha vez resoltos a reclamación e o recurso potestativo de reposición interpostos na praza a que se refire esta resolución,
Este reitorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, del sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.
Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente sinatura do contrato polas persoas interesadas, que deberá realizarse no prazo máximo de 20 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
Vigo, 27 de marzo de 2026
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
Código: PPL2401-H05-010-PPL-TC-01.
Corpo: profesor/a permanente laboral.
Área de coñecemento: A0010 Análise Xeográfica Rexional.
Departamento: D00H05 Historia, Arte e Xeografía.
Centro de traballo: 104 Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.
DNI: ***8724**.
Nome e apelidos: Xosé Somoza Medina.
