DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 9 de abril de 2026 Páx. 21938

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia

ANUNCIO da convocatoria de proceso selectivo para a contratación da praza de responsable de promoción deste consello.

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia convoca proceso selectivo para contratación da praza de responsable de promoción. As bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación do persoal estarán dispoñibles na páxina web https://www.craega.es/category/ofertas-emprego-craega/ a partir do seguinte día hábil ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de recepción de solicitudes finaliza aos dez días naturais a partir do día da publicación deste anuncio.

Lugo, 8 de abril de 2026

Francisco López Valladares
Presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia