A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na súa sesión ordinaria do día 20 de febreiro de 2026, acordou aprobar o proxecto de texto inicial, que figura anexo á súa certificación, co seguinte título: Proposta de Convenio urbanístico de execución de planeamento, zona 5, praza de España, sobre as parcelas sitas na praza de España, entre a avenida Gran Vía, Conde de Gondomar e a rúa Fernando Conde.
O dito convenio asinouse, nas dependencias municipais da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, o 3 de marzo de 2026.
De conformidade co disposto no artigo 401.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, unha vez negociados e subscritos, os convenios someteranse ao trámite de información pública mediante un anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, durante un período mínimo dun mes (artigo 168.1 da LSG).
Na seguinte ligazón, na epígrafe de Convenios urbanísticos, poderá consultarse o convenio asinado o 3 de marzo de 2026, xunto coa certificación do acordo íntegro adoptado pola Xunta de Goberno Local do 20 de febreiro de 2026:
https://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo_pxom_2025.php?lang=gal
Vigo, 4 de marzo de 2026
O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo
P.D. (Resolución do 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda
