
Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coas exixencias de información e publicidade das actuacións financiadas por estes fondos, en concreto de conformidade co regulado no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, en particular en canto á visibilidade da orixe do financiamento consonte o seu artigo 34.2, e conforme o establecido en materia de comunicación, información e publicidade na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, en especial o previsto no seu artigo 9, dáse publicidade das actuacións contratadas, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, e demais normativa de aplicación, que a continuación se indican por razón do seu financiamento pola Unión Europea:
1. Poder adxudicador:
1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.
1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.
1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.
1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
1.5. Código NUTS: ES111.
1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
1.7. Fax: 981 95 74 03.
1.8. Teléfono: 981 95 74 01.
1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:
2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.
2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
3. Actuacións contratadas:
3.1. Obxecto e descrición da actuación contratada: contrato de servizo de execución de actuacións ordinarias de conservación e mantemento integral, incluídas actividades adicionais de mellora non infraestrutural, do dominio público hidráulico das bacías de Galicia Costa no ámbito territorial da zona de Galicia-Norte e das súas zonas de acceso e protección. Lote número 1.
3.1.1. Referencia de expediente: OH.788.422.L1.
3.1.2. Código/s CPV: 77312000-0 (Servizos de roza), 77312100-1 (Servizos de eliminación de maleza) e 77341000-2 (Poda de árbores).
3.1.3. Código/s NUTS do lugar principal da actuación: ES11 Galicia (Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa).
3.1.4. Tipo de procedemento de adxudicación e tramitación: aberto, suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.
3.1.5. Orzamento base de licitación: importe neto: 1.549.665,36 euros. Importe total: 1.875.095,09 euros.
3.1.6. Valor estimado do contrato: 3.874.163,40 euros. Inclúe o importe sen IVE do orzamento base de licitación (1.549.665,36 €) e o importe sen IVE da/das eventual/is prórroga/s contractual/is ordinaria/s prevista/s (2.324.498,04 €).
3.1.7. Prazo de execución da actuación contratada: 24 meses.
3.1.8. Criterios de adxudicación:
3.1.8.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
3.1.8.2. Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e ponderación): proposición económica (49), memoria descritiva da metodoloxía proposta para a realización dos traballos que se van executar (47) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (4).
3.1.9. Data da adxudicación do contrato: 7 de xullo de 2021.
3.1.10. Número de ofertas recibidas:
3.1.10.1. Ofertas totais: 14.
3.1.10.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 15.
3.1.10.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
3.1.10.4. Ofertas por vía electrónica: si.
3.1.11. Data de formalización ou subscrición do contrato: 2 de agosto de 2021.
3.1.12. Empresa contratista:
3.1.12.1. Nome da empresa: Eulen, S.A.
3.1.12.2. NIF: A28517308.
3.1.12.3. Enderezo: estrada de Arteixo, 21, 15008 A Coruña.
3.1.12.4. Código NUTS: ES111.
3.1.12.5. Correo electrónico: ot.zona1@eulen.com
3.1.12.6. Fax: 981 13 01 23.
3.1.12.7. Teléfono: 609 10 96 53.
3.1.12.8. Pequena ou mediana empresa: non.
3.1.13. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 1.379.047,20 euros. Importe total: 1.668.647,11 euros.
3.1.14. Publicacións do contrato no perfil de contratante: Anuncio de licitación o 18 de decembro de 2020, Resolución da adxudicación o 7 de xullo de 2021 e formalización do contrato o 2 de agosto de 2021.
3.2. Obxecto e descrición da actuación contratada: contrato de servizo de execución de actuacións ordinarias de conservación e mantemento integral, incluídas actividades adicionais de mellora non infraestrutural, do dominio público hidráulico das bacías de Galicia Costa no ámbito territorial da zona de Galicia-Centro e das súas zonas de acceso e protección. Lote número 2.
3.1.1. Referencia de expediente: OH.788.422.L2.
3.1.2. Código/s CPV: 77312000-0 (Servizos de roza), 77312100-1 (Servizos de eliminación de maleza) e 77341000-2 (Poda de árbores).
3.1.3. Código/s NUTS do lugar principal da actuación: ES11 Galicia (Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa).
3.1.4. Tipo de procedemento de adxudicación e tramitación: aberto, suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.
3.1.5. Orzamento base de licitación: importe neto: 1.549.665,36 euros. Importe total: 1.875.095,09 euros.
3.1.6. Valor estimado do contrato: 3.874.163,40 euros. Inclúe o importe sen IVE do orzamento base de licitación (1.549.665,36 €) e o importe sen IVE da/das eventual/is prórroga/s contractual/is ordinaria/s prevista/s (2.324.498,04 €).
3.1.7. Prazo de execución da actuación contratada: 24 meses.
3.1.8. Criterios de adxudicación:
3.1.8.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
3.1.8.2. Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e ponderación): proposición económica (49), memoria descritiva da metodoloxía proposta para a realización dos traballos que se van executar (47) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (4).
3.1.9. Data da adxudicación do contrato: 7 de xullo de 2021.
3.1.10. Número de ofertas recibidas:
3.1.10.1. Ofertas totais: 13.
3.1.10.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 15.
3.1.10.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
3.1.10.4. Ofertas por vía electrónica: si.
3.1.11. Data de formalización ou subscrición do contrato: 2 de agosto de 2021.
3.1.12. Empresa contratista:
3.1.12.1. Nome da empresa: Servitec Medio Ambiente, S.L.
3.1.12.2. NIF: B09326000.
3.1.12.3. Enderezo: rúa Gutember, 32C, 2º, 15008 A Coruña.
3.1.12.4. Código NUTS: ES111.
3.1.12.5. Correo electrónico: servitec.galicia@servitecma.com
3.1.12.6. Fax: 981 16 03 89.
3.1.12.7. Teléfono: 618 72 84 51.
3.1.12.8. Pequena ou mediana empresa: si.
3.1.13. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 1.354.717,46 euros. Importe total: 1.639.208,13 euros.
3.1.14. Publicacións do contrato no perfil de contratante: Anuncio de licitación o 18 de decembro de 2020, Resolución da adxudicación o 7 de xullo de 2021 e formalización do contrato o 2 de agosto de 2021.
3.3. Obxecto e descrición da actuación contratada: contrato de servizo de execución de actuacións ordinarias de conservación e mantemento integral, incluídas actividades adicionais de mellora non infraestrutural, do dominio público hidráulico das bacías de Galicia Costa no ámbito territorial da zona de Galicia-Sur e das súas zonas de acceso e protección. Lote número 3.
3.1.1. Referencia de expediente: OH.788.422.L3.
3.1.2. Código/s CPV: 77312000-0 (Servizos de roza), 77312100-1 (Servizos de eliminación de maleza) e 77341000-2 (Poda de árbores).
3.1.3. Código/s NUTS do lugar principal da actuación: ES11 Galicia (Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa).
3.1.4. Tipo de procedemento de adxudicación e tramitación: aberto, suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.
3.1.5. Orzamento base de licitación: importe neto: 1.549.665,36 euros. Importe total: 1.875.095,09 euros.
3.1.6. Valor estimado do contrato: 3.874.163,40 euros. Inclúe o importe sen IVE do orzamento base de licitación (1.549.665,36 €) e o importe sen IVE da/das eventual/is prórroga/s contractual/is ordinaria/s prevista/s (2.324.498,04 €).
3.1.7. Prazo de execución da actuación contratada: 24 meses.
3.1.8. Criterios de adxudicación:
3.1.8.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.
3.1.8.2. Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e ponderación): proposición económica (49), memoria descritiva da metodoloxía proposta para a realización dos traballos que se van executar (47) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (4).
3.1.9. Data da adxudicación do contrato: 7 de xullo de 2021.
3.1.10. Número de ofertas recibidas:
3.1.10.1. Ofertas totais: 14.
3.1.10.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 16.
3.1.10.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.
3.1.10.4. Ofertas por vía electrónica: si.
3.1.11. Data de formalización ou subscrición do contrato: 2 de agosto de 2021.
3.1.12. Empresa contratista:
3.1.12.1. Nome da empresa: Sociedad Anónima de Gestión de Servicios y Conservación, Geseco.
3.1.12.2. NIF: A81527095.
3.1.12.3. Enderezo: r/ Teixugueiras, 13, portal 4, oficina 5, 36212 Vigo (Pontevedra).
3.1.12.4. Código NUTS: ES114.
3.1.12.5. Correo electrónico: geseco@geseco.es
3.1.12.6. Fax: 986 43 26 74.
3.1.12.7. Teléfono: 639 20 51 39.
3.1.12.8. Pequena ou mediana empresa: si.
3.1.13. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 1.338.136,04 euros. Importe total: 1.619.144,61 euros.
3.1.14. Publicacións do contrato no perfil de contratante: Anuncio de licitación o 18 de decembro de 2020, Resolución da adxudicación o 7 de xullo de 2021 e formalización do contrato o 2 de agosto de 2021.
4. Información sobre o proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea relacionado coas actuacións contratadas: si procede.
Actuacións de servizos hidráulicos no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU cos fondos europeos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR).
Actuacións encadradas dentro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia na política panca II, Infraestruturas e ecosistemas resilientes; compoñente 5, Preservación do litoral e recursos hídricos; medida: Investimento 2 (C05.I02), Restauración de ecosistemas fluviais, infraestruturas hídricas e mitigación do risco de inundación; submedida C05.I02b, Actuacións para mitigar o risco de inundación; campo de intervención 035, Medidas de adaptación ao cambio climático e prevención e xestión de riscos relacionados co clima: inundacións (incluídas as accións de sensibilización, a protección civil, os sistemas e infraestruturas de xestión de catástrofes e os enfoques ecosistémicos); fito CID número 77 bis, Seguimento e restauración de ríos; proxecto 03 (C05.I02.P03), Actuacións para mitigar o risco de inundación; subproxecto 13 (C05.I02.P03.S13), Actuacións de protección e adaptación ao risco de inundación e integración ambiental en núcleos urbanos na Comunidade Autónoma de Galicia; subproxecto instrumental C05.I02.P03.S13.SI01, Actuacións de protección e adaptación ao risco de inundación e integración ambiental en núcleos urbanos na Comunidade Autónoma de Galicia.
O Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) é o elemento central de NextGenerationEU, do cal forma parte, cuxo obxectivo é mitigar o impacto económico e social da pandemia de coronavirus e facer que as economías e sociedades europeas sexan máis sostibles e resilientes e estean mellor preparadas para os retos e as oportunidades das transicións ecolóxica e dixital. Os seus fondos canalízanse a través do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
O Instrumento europeo de recuperación, tamén denominado NextGenerationEU, é un instrumento financeiro temporal de recuperación concibido para impulsar a recuperación que contribuirá a reparar os danos económicos e sociais inmediatos causados pola pandemia de coronavirus. A Europa posterior á COVID-19 será unha Europa máis ecolóxica, máis dixital, máis resiliente e mellor adaptada aos retos actuais e futuros.
5. Servizo do cal se poida obter información sobre os contratos formalizados.
5.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.
5.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.
5.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
5.4. Código postal: 15781.
5.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
5.6. Fax: 981 95 74 03.
5.7. Teléfono: 981 95 74 01.
6. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para as actuacións contratadas: o Anuncio de licitación no DOUE S247/18, de decembro de 2020, e o Anuncio da formalización do contrato no DOUE S152/9, de agosto de 2021.
7. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contratos cubertos polo Acordo sobre contratación pública.
8. Outras informacións:
8.1. Financiamento das actuacións cos Fondos da Unión Europea procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR). Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
O financiamento inicialmente previsto das actuacións durante a tramitación do expediente de contratación e a execución destas foi con fondos propios da entidade pública empresarial Augas de Galicia.
Non obstante, realizouse o cambio do seu financiamento cos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, por ter as actuacións seleccionadas encaixe no dito plan ao resultaren axustadas e conformes co contido de aplicación ás axudas financiadas cos fondos do MRR.
8.2. Actuacións compatibles co principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (principio Do no significant harm (DNSH).
Ás actuacións resúltalles de aplicación o principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (principio Do no significant harm (DNSH), no sentido establecido no artigo 9.4 do dito Regulamento (UE) 2021/1060, isto é, as actuacións non inciden negativamente en ningún dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sostibles e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088 (Regulamento de taxonomía): mitigación do cambio climático; adaptación ao cambio climático; uso sostible e protección dos recursos hídricos e mariños; economía circular, incluídas a prevención e a reciclaxe de residuos; prevención e control da contaminación á atmosfera, á auga ou ao solo; e protección e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas. O dito regulamento establece a implantación dun sistema de clasificación (ou taxonomía) das actividades económicas ambientalmente sostibles.
As actuacións son compatibles co principio DNSH, de acordo coa documentación que rexe nelas ao non xerar impactos negativos significativos no ambiente en atención á súa propia natureza e características específicas.
Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2026
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
