DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 9 de abril de 2026 Páx. 21924

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 13 de marzo de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña, polo que se somete a información pública unha solicitude de legalización de obras no concello de Burela (expediente DH.W27.108628).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de legalización de obras:

Solicitante: Piedad Fernández Fernández Gestión de Inmuebles, S.L.

NIF: B09943572.

Expediente: DH.W27.108628.

Lugar: avenida Arcadio Pardiñas, 99.

Parroquia: Burela (Santa María).

Concello: Burela.

Descrición das actuacións: obras de pavimentación de soleira, de peche e de urbanización e acondicionamento das parcelas con referencias catastrais 2456406PJ3325N e 2456402PJ3325N para aparcadoiro de vehículos, na zona de policía do rego das Pasadiñas (ID 950140083381).

A documentación presentada pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rolda da Muralla, 70, 2º, 27071 Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 13 de marzo de 2026

Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña