DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 9 de abril de 2026 Páx. 21925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 13 de marzo de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Foz (expediente DH.W27.109746).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: Tomás Costa Rivas.

NIF: ***5748**.

Expediente: DH.W27.109746.

Lugar: Alamparte.

Parroquia: Cangas.

Concello: Foz.

Descrición das actuacións: peche perimetral da parcela resultado da unión das parcelas con referencias catastrais 4716036PJ3341N0000TY e 4716035PJ3341N0000LY e recheo na parte frontal das parcelas ata a cota da rúa, na zona de policía do rego Vilasindre.

A documentación presentada pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rolda da Muralla, 70, 2º, 27071 Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 13 de marzo de 2026

Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña