DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 9 de abril de 2026 Páx. 21926

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Muros

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de reforma interior do polígono 4 do Plan xeral de ordenación municipal (expediente 2025/U017/000012).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Muros, na sesión que tivo lugar o 4 de marzo de 2026, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Plan especial de reforma interior do polígono 4 do núcleo urbano de San Francisco, presentado pola entidade mercantil Cruz da Pedra de Muros, S.L., conforme o previsto no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

En cumprimento do disposto na citada normativa, sométese o expediente a información pública polo prazo mínimo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa interesada poida examinar o documento e formular as alegacións que considere oportunas.

A documentación estará á disposición do público no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Muros, no taboleiro de anuncios e edictos do Concello, e poderá consultarse tamén de forma presencial no Departamento de Urbanismo do Concello de Muros (Curro da Praza, 1), das 9.00 ás 13.00 horas, de luns a venres.

Muros, 16 de marzo de 2026

María Lago Lestón
Alcaldesa