DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 9 de abril de 2026 Páx. 21927

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Quintela de Leirado

ANUNCIO da Resolución 2026-0017, do 10 de marzo, pola que se aproban as bases e a convocatoria para cubrir a praza de auxiliar da Casa Comunitaria de Xacebáns, en réxime de persoal laboral fixo a xornada completa polo sistema de concurso-oposición.

Logo de aprobar mediante Resolución da Alcaldía núm. 2026-0017, do 10 de marzo, as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime de persoal laboral fixo a xornada completa, dunha praza de auxiliar da Casa Comunitaria de Xacebáns, polo sistema de concurso-oposición, ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As bases reguladoras que rexerán a convocatoria publícanse no Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 50, do 16 de marzo de 2026.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia. Así mesmo, publicaranse na sede electrónica deste concello (https://quinteladeleirado.sedelectronica.gal).

Contra as presentes bases, que poñen fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, ante a Alcaldía do Concello de Quintela de Leirado, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, se este radica en lugar diferente nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Quintela de Leirado, 16 de marzo de 2026

José Antonio Pérez Cortes
Alcalde