DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 10 de abril de 2026 Páx. 22269

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 23 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se notifica o inicio de procedemento de baixa de oficio no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia das autorizacións de xestor de residuos non perigosos da entidade Sarman, S.A., para unha instalación no concello de Cambre (expedientes 2025-SC-M-00280 e 205-SC-M-00281).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación do acto administrativo que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, notifícaselle ao titular que se sinala no anexo deste anuncio a resolución de caducidade do procedemento de autorización como xestor de valorización de residuos non perigosos.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, Servizo de Residuos e Economía Circular, sitas no edificio administrativo, rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencer o prazo indicado para comparecer.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

ANEXO

Expedientes: 2025-SC-M-00280 e 2025-SC-M-00281.

Titular: Sarman, S.A.

Acto notificado: inicio de procedemento de baixa de oficio no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia.

Data do acto administrativo: 17.11.2025.