De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación do acto administrativo que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, notifícaselle ao titular que se sinala no anexo deste anuncio a resolución de baixa da autorización de planta móbil no procedemento de adecuación da valorización de residuos non perigosos.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, Servizo de Residuos e Economía Circular, sitas no Edificio Administrativo, rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencer o prazo indicado para comparecer.
Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
ANEXO
Expediente: 2025-SC-M-00231.
Titular: Ecopower Tecnología, S.L.
Acto notificado: resolución de baixa da autorización de planta móbil no procedemento de adecuación da valorización de residuos non perigosos.
Data do acto administrativo: 20.1.2026.
