DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 10 de abril de 2026 Páx. 22285

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 12 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2023/557-4).

O 21.12.2023, UFD Distribución Electricidad, S.A., solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTS SDM703 e CTC Recaré.

Esta solicitude foi sometida a información pública mediante a Resolución do 2.4.2024 deste departamento territorial e publicada no Diario Oficial de Galicia do 26.4.2023, acompañada do proxecto inicial asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo.

O 11.8.2025, o 22.10.2025 e o 29.10.2025, UFD Distribución Electricidad, S.A., achegou nova documentación, incluído un novo proxecto para a instalación eléctrica denominada LMTS SDM703 e CTC Recaré, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Javier Fernández Pazos, colexiado 502 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense.

Vista a modificación presentada, este departamento acorda volver a someter a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica sinalada, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS SDM703 e CTC Recaré.

Situación: Vigo.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 378 metros de lonxitude, coa orixe e final na línea de media tensión subterránea (LMTS) SDM7030073, facendo entrada e saída no centro de transformación proxectado.

Centro de transformación compacto a 630 kVA, con relación de transformación 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 54057A099003620000AH, rúa Recaré, Bembrive.

A instalación está situada na rúa Recaré, en Bembrive, no municipio de Vigo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería: (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 12 de marzo de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/557-4.

Denominación: LMTS SDM703 e CTC Recaré.

Concello: Vigo.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Pleno dominio

Servidume

CT (m2)

ml sub.

m2 sub.

1

R/ Recaré, Bembrive, Vigo

Urbano

54057A099003620000AH

Perfecto González (Recaré Vigo II)

26,46

-

-