O 6.2.2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTS VAA708, CTC Morgadáns.
Esta solicitude foi sometida a información pública mediante a Resolución do 8.3.2023 deste departamento territorial e publicada no Diario Oficial de Galicia do 31.3.2023, acompañada do proxecto inicial asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo.
O 14.8.2025 e o 22.1.2026, UFD Distribución Electricidad, S.A. achegou nova documentación, incluído un novo proxecto para a instalación eléctrica denominada LMTS VAA708, CTC Morgadáns, asinado polo enxeñeiro eléctrico Fabián Fernández Martínez, colexiado 4783 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo.
A pesar de que o novo proxecto non presenta modificacións substanciais con relación ao inicial, este departamento acorda volver someter a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica sinalada, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
– Enderezo social: avenida América, 38. 28028 Madrid.
– Denominación: LMTS VAA708, CTC Morgadáns.
– Situación: Gondomar.
– Descricións técnicas:
Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 38 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9W106MVH//36-22 da liña de media tensión aérea (LMTA) VAA7080695, mediante un paso aero-subterráneo e final no centro de transformación proxectado.
Centro de transformación (CT) compacto, a 400 kVA con RT 20 kV/400 V, situado nas parcelas con referencias catastrais 2326582NG2622N0001QR e 2326581NG2622N 0001GR, no lugar de San Roque. Retirada do centro de transformación intemperie Morgadáns (36A744).
A instalación está situada no lugar de San Roque, parroquia de Morgadáns, no municipio de Gondomar (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
O proxecto está á disposición do público durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, edificio administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37, así como no portal da mencionada consellería: (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).
Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 10 de marzo de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Núm. expediente: IN407A 2023/051-4.
Denominación: LMTS VAA708, CTC Morgadáns.
Concello: Gondomar.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
||
|
Pleno dominio |
Servidume |
||||||
|
CT (m2 ) |
ml sub. |
m2 sub. |
|||||
|
1 |
Gondomar |
Rústico |
2326582NG2622N0001QR |
Jaime Alonso González |
11,89 |
3,2 |
9,73 |
|
2 |
Gondomar |
Rústico |
2326581NG2622N0001GR |
Jaime Alonso González |
10,85 |
- |
- |
