O 21.2.2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTS ROS806, CT Vilar de Matos e reforma CT O Cotro (36CN21).
Esta solicitude foi sometida a información pública mediante a Resolución do 22.3.2023 deste departamento territorial e publicada no Diario Oficial de Galicia do 18.4.2023, acompañada do proxecto inicial asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo.
O 1.8.2025 e o 31.10.2025, UFD Distribución Electricidad, S.A. achegou nova documentación, incluído un novo proxecto para a instalación eléctrica denominada LMTS ROS806, CT Vilar de Matos e reforma CT O Cotro (36CN21), asinado polo enxeñeiro técnico industrial Victoriano González Lemos, colexiado 2980 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo.
A pesar de que o novo proxecto non presenta modificacións substanciais con relación ao inicial, este departamento acorda volver someter a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica sinalada, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
– Enderezo social: avenida América, 38. 28028 Madrid.
– Denominación: LMTS ROS806, CT Vilar de Matos e reforma CT O Cotro (36CN21).
– Situación: Tomiño.
– Descricións técnicas:
Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1 de 1.857 metros de lonxitude, en catro actuacións. A primeira é de 488 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9UVBTLS3//129 da liña de media tensión (LMT) ROS806, mediante un paso aero-subterráneo, e final no centro de transformación (CT) O Cotro (36CN21). A segunda é de 373 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación O Cotro (36CN21) e final no centro de transformación proxectado en Vilar de Matos. A terceira é de 996 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación proxectado en Vilar de Matos e final no apoio existente 9UVBTLS3//129 da LMT ROS806, mediante un paso aero-subterráneo.
Reforma do centro de transformación tipo pombal O Cotro 36CN21, situado no Cotro, consistente na substitución da aparellaxe actual por un bloque compacto manobra exterior de 400 kVA.
Centro de transformación, a 250 kVA con RT 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36054A099004480000EJ, no lugar de Vilar de Matos.
As instalacións están situadas no lugar do Cotro, parroquia de Tomiño, e no lugar de Vilar de Matos, parroquia de Forcadela, no municipio de Tomiño (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
O proxecto está á disposición do público durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, edificio administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37, así como no portal da mencionada consellería: (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).
Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 10 de marzo de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Núm. expediente: IN407A 2023/108-4.
Denominación: LMTS ROS806, CT Vilar de Matos e reforma CT O Cotro (36CN21).
Concello: Tomiño.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
||
|
Pleno dominio |
Servidume |
||||||
|
CT (m2) |
ml sub. |
m2 sub. |
|||||
|
1 |
Vilar de Matos |
Urbana |
36054A099004480000EJ |
Serafín Rodríguez Pérez |
16,81 |
2,71 |
11,14 |
