Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio, convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA instalación de reconectador no apoio núm. 34-3/1 da LMTA SNT821, no concello de Ames (expediente IN407A 2021/250-1), correspondente ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas dependencias do referido concello.
A Coruña, 23 de marzo de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2021/250-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMTA instalación de reconectador no apoio núm. 34-3/1 da LMTA SNT821.
Concello: Ames.
|
Predio |
Lugar |
Datos catastrais |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
2 |
Gándara |
Polígono: 511 Parcela: 141 |
Descoñecida |
5.6.2026 |
12.30 |
