DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 10 de abril de 2026 Páx. 22296

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 23 de marzo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación IN407A 2022/044-1, no concello de Oza-Cesuras.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio, convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT,  CTI e RBT Pexegueiros, no concello de Oza-Cesuras (expediente  IN407A 2022/044-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas dependencias do referido Concello.

A Coruña, 23 de marzo de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/044-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CTI e RBT Pexegueiros.

Concello: Oza-Cesuras.

Predio

Lugar

Datos catastrais

Titularidade

Data

Hora

1

Pelada

Polígono: 504

Parcela: 22

María Beatriz e Luis Alfonso Miguel Sánchez Seoane

12.6.2026

12.00

2

Agra Pelada

Polígono: 504

Parcela: 24

José Sánchez Sánchez e María Josefa Suárez Varela

12.6.2026

12.00