DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 10 de abril de 2026 Páx. 22244

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 25 de marzo de 2026 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo nesta consellería (código do posto IV.201.00.003.15770.001).

Advertidos erros na dita orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 64, do 8 de abril de 2026, é necesario facer as seguintes correccións:

Na páxina 21683, onde di: «Orde do 25 de marzo de 2026 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo nesta consellería (código do posto IV.201.00.002.15770.001)», debe dicir: «Orde do 25 de marzo de 2026 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo nesta consellería (código do posto IV.201.00.003.15770.001)».

Na páxina 21686, no anexo I, onde di: «Denominación do posto de traballo: subdirector/a xeral de Persoal e Xestión Económica», debe dicir: «Denominación do posto de traballo: subdirector/a xeral de réxime xurídico-administrativo».

Na páxina 21686, no anexo I, onde di: «Código do posto de traballo: IV.201.00.002.15770.001», debe dicir: «Código do posto de traballo: IV.201.00.003.15770.001».

Na páxina 21686, no anexo I, onde di: «Complemento específico: 25.159,68 euros», debe dicir: «Complemento específico: 26.303,90 euros».

Na páxina 21686, no anexo I, cómpre engadir a seguinte fila: «Titulación: (2062) licenciado/a en dereito».