De acordo co previsto na Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, o Consello de Dirección do instituto, na súa xuntanza do 16 de marzo de 2026, acordou modificar a denominación e dependencia funcional dun posto da estrutura organizativa da entidade nos seguintes termos:
Modificar a denominación do posto «Adxunto/a á Oficina Económica de Galicia en Madrid» que pasa a denominarse «Director/a da Oficina Económica de Galicia en Madrid».
Modificar a dependencia funcional do posto de «Director/a da Oficina Económica de Galicia en Madrid», que se adscribe directamente á persoa titular da Dirección Xeral do Igape.
Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2026
Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
