DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 10 de abril de 2026 Páx. 22337

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas de Cosoirado

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral de constitución da comunidade.

O que subscribe, José Manuel Suárez Rodríguez, veciño do lugar de Cosoirado, parroquia de Cosoirado, concello de Moraña (Pontevedra), mediante este anuncio convoca a asemblea xeral a todos os usuarios de augas, co fin de constituírse en comunidade de usuarios segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a correspondente concesión administrativa. A asemblea será o 19 de abril de 2026, ás 11.00 horas, en primeira convocatoria, e ás 12.00 horas, en segunda convocatoria, no local social, coa seguinte orde do día:

1. Formar unha relación nominal de usuarios (nome, DNI, enderezo da vivenda ou parcela, referencia catastral, sinatura orixinal), constituírse en comunidade de usuarios segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a concesión administrativa, así como elixir o nome e domicilio da comunidade.

2. Aprobar as bases a que, dentro da lexislación vixente, terán que axustarse os proxectos de ordenanzas e regulamentos polos cales se rexerá a comunidade.

3. Designar os membros que integrarán a xunta de goberno, encargada da dirección da comunidade e da redacción das ordenanzas e regulamentos.

4. Rogos e preguntas.

Moraña, 17 de marzo de 2026

José Manuel Suárez Rodríguez
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de Cosoirado