DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 10 de abril de 2026 Páx. 22338

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Revolta

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

Rogelio Pereira Alonso, actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de Revolta, mediante este anuncio convoca o 9 de maio de 2026, no Centro Cultural de Camos (Nigrán-Pontevedra), ás 17.00 horas, en primeira convocatoria, e ás 17.30 horas en segunda, a asemblea xeral ordinaria, conforme os puntos da seguinte orde do día, e aprobación do que proceda:

1. Lectura das actas anteriores.

2. Informe de xestión da comunidade.

3. Altas, baixas e cambios de titularidade.

4. Contas dos exercicios anteriores.

5. Actualización de prezos.

6. Renovación da concesión.

7. Xunta Directiva, Xurado e suplentes.

8. Facultar a Xunta Directiva para solicitar subvencións no nome da comunidade.

9. Rogos e preguntas.

Nigrán, 17 de marzo de 2026

Rogelio Pereira Alonso
Presidente da Comunidade de Usuarios de Revolta