DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 10 de abril de 2026 Páx. 22339

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Notaría da Sra. María del Alba Sánchez-Andrade Fernández-Avello (A Coruña)

ANUNCIO de requirimento de partilla dunha herdanza por maioría da Lei de dereito civil de Galicia.

Na notaría de Alba Sánchez-Andrade, na Coruña, situada na rúa Juana de Vega, número 9, 3º, estase a tramitar unha acta de requirimento de partilla por maioría da Lei de dereito Civil de Galicia cos seguintes datos:

1. Número de expediente: Acta do 26 de marzo de 2026 baixo o número cento oitenta e seis de orde.

2. Requirentes: José Manuel Vázquez Méndez, con DNI ***0292**; Antonio Vázquez Méndez, con DNI ***1669**, e Ángela Vázquez Méndez, con DNI ***9605**.

3. Herdanza obxecto da presente partilla: Delfina Méndez Iglesias.

4. Contadora proposta: María Asunción Jiménez de Llano Zato, colexiada número 678 do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña.

Finalmente, fíxase como día, hora e lugar en que se verificará perante min o preceptivo sorteo para a elección de contador-partidor o día oito de xuño de dous mil vinte e seis, ás 14.00 horas, nesta notaría, situada na rúa Juana de Vega, número 9, 3º, A Coruña. Durante os trinta (30) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio, cada un dos partícipes non promoventes tamén poderá propor ata un máximo de tres contadores-partidores, que poderán comparecer, para tales efectos, na notaría anteriormente citada.

A Coruña, 1 de abril de 2026

María del Alba Sánchez-Andrade Fernández-Avello
Notaria da Coruña