DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 10 de abril de 2026 Páx. 22263

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2026 pola que se nomea profesorado do corpo docente universitario de profesoras e profesores titulares de universidade.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso para a provisión dunha praza dos corpos docentes universitarios, convocado mediante a Resolución desta universidade do 11 de decembro de 2025 (BOE do 18 de decembro), e tras presentar a persoa interesada a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria.

Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), polo artigo 85 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e polas demais disposicións concordantes, resolve efectuar o nomeamento da persoa que se relaciona no anexo.

O citado nomeamento producirá efectos a partir da correspondente toma de posesión por parte da persoa interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpor o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite un resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2026

Antonio López Díaz
Reitor en funcións

ANEXO

Número de concurso

Nome

Apelidos

DNI

Corpo

docente

Área de coñecemento

Departamento

Localidade

Código da
praza

70T/25

Ricardo

Villa Bellosta

***8185**

Profesoras e profesores titulares de universidade

Bioquímica e Bioloxía Molecular

Bioquímica e Bioloxía Molecular

Santiago de Compostela

C02128