DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 10 de abril de 2026 Páx. 22322

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de publicación das bases que rexerán a convocatoria para prover varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña, número 62, do 6 de abril de 2026, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 31 de marzo de 2026, relativas ás seguintes convocatorias:

– Catro prazas de oficial da Policía Local (subgrupo C1), pola quenda de mobilidade, C.E. 16/25.

– Unha praza de inspector da Policía Local (subgrupo A2), por quenda de mobilidade, C.E. 22/23.

– Unha praza de inspector principal da Policía Local (subgrupo A2), pola quenda de mobilidade, C.E. 23/23.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 6 de abril de 2026

A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica