DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 10 de abril de 2026 Páx. 22323

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de nomeamento de persoas funcionarias de carreira para ocupar dúas prazas de peón/oa de limpeza viaria.

Mediante a Resolución da Alcaldía 231/2026, do 23 de febreiro, nomeouse a María Jesús Fidalgo Guizán e Nuria González Pérez funcionarias de carreira do Concello de Fene para ocupar dúas prazas de peón/oa de limpeza viaria, pertencentes ao grupo de agrupacións profesionais (AP), escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, incluídas nas ofertas de emprego público (OEP) de 2022 e 2023.

Este anuncio publicouse no Boletín Oficial da provincia da Coruña número 40, do 2 de marzo de 2026.

O anterior faise público para os efectos do artigo 62 do texto refundido do Estatuto básico do empregado público (TREBEP) e 60 da Lei de emprego público de Galicia (LEPG).

Fene, 10 de marzo de 2026

Alejandra Permuy Meizoso
Alcaldesa