No Boletín Oficial da provincia número 42, do 4 de marzo de 2026, publicáronse as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de coordinador/a de seguridade e do posto de traballo de oficial/a administrativo/a de secretaría da Alcaldía deste concello.
A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de quince días hábiles, que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
O anterior faise público para xeral coñecemento.
Ferrol, 13 de marzo de 2025
O alcalde
P.D. (Acordo do 11.12.2023; BOP núm. 241, do 20 de decembro)
Susana María Sanjurjo Fraga
Concelleira delegada titular da Área de Facenda, Patrimonio,
Recursos Humanos e Estatística
