De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que as persoas titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidas e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nos parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
|
Data da acta de inspección |
Ref. catastral |
Localización/polígono/parcela |
Persoa responsable |
|
16.3.2026 |
36041A035010650000OD |
Tomada de Antón Núñez, Poio/polígono 35/parcela 1065 |
En investigación |
1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección referida se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
2º. No caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o concello efectuará sen máis trámites a execución subsidiaria, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
3º. No caso de efectuar a execución subsidiaria, o Concello realizará a liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se efectuará a súa exacción inmediata no caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada de 3.545,82 euros por hectárea, para os traballos de abatemento, tronzadura, encastelamento e saca mecanizada do arboredo.
|
Nº de expediente |
Ref. catastral |
Hectáreas afectadas por execución subsidiaria |
Liquidación provisional |
|
2320/20195 (xMA 19/092) |
36041A035010650000OD |
0,2280 |
808,45 |
4º. No caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.
Poio, 17 de marzo de 2026
Ángel Moldes Martínez
Alcalde
