DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 13 de abril de 2026 Páx. 22368

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se publica o requirimento de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI449B).

No Diario Oficial de Galicia núm. 26, do 9 de febreiro de 2026, publícase a Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI449B).

A través da dita orde convócanse as subvencións destinadas ás asociacións de nais e pais de alumnado (ANPA) e ás federacións ou confederacións de ANPA dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para a seguinte liña de actuación: actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres (SI449B).

O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 7 da Orde do 22 de decembro de 2025. Así mesmo, no artigo 8 determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde no procedemento SI449B, correspondentes á provincia de Ourense, pola unidade de Igualdade do Departamento Territorial de Ourense, tramitadora e encargada da súa instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos, e procedeuse á emisión do requirimento da correspondente emenda no prazo de dez días hábiles desde a súa notificación ao abeiro do disposto no artigo 12.1.

O parágrafo segundo do dito artigo 12.1 da Orde do 22 de decembro de 2025 dispón que por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o requirimento de emenda das solicitudes publicarase no Diario Oficial de Galicia, o cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do requirimento de emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI449B), correspondentes á provincia de Ourense e emitido o 30 de marzo de 2026, por non estar debidamente cubertas e/ou non achegar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras, e que figura no anexo desta resolución (anexo: requirimento de emenda de documentación SI449B 2026).

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes que figuran no anexo desta resolución de que son requiridas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución, coa advertencia de que, de non o facer, se darán por desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.

3. Informar as persoas interesadas de que, de acordo co establecido no artigo 9 das bases reguladoras, a presentación da documentación requirida debe ser realizada electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Na sede electrónica da Xunta de Galicia están dispoñibles os modelos normalizados dos anexos relativos ao procedemento SI449B Axudas económicas ás ANPA destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e á prevención e loita contra a violencia cara ás mulleres Sede electrónica-Xunta de Galicia.

4. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse ás unidades de Igualdade do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Política Social e Igualdade a través do teléfono indicado no artigo 25 da convocatoria (Ourense: 988 38 67 99) ou presencialmente.

Ourense, 31 de marzo de 2026

Santiago Álvarez González
Director territorial de Ourense

ANEXO

Requirimento de emenda de documentación (SI449B 2026)

Asunto: requirimento de emenda de solicitudes relacionadas a seguir por non estaren debidamente cubertas e/ou non achegar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras.

Data do requirimento: 30 de marzo de 2026.

Efectos: no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, cómpre emendar o erro ou achegar os documentos preceptivos que figuran na relación, coa advertencia de que, de non o facer, se darán por desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.

Órgano instrutor: unidade de Igualdade do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Política Social e Igualdade.

Relación de solicitudes suxeitas á emenda de documentación:

Núm.

expediente

Nome da entidade solicitante

NIF

Documentación requirida

SI449B-2026-00000004-03

ANPA CEIP Castrelo do Val

G32372252

Anexo II punto 2 da certificación: cubrir o número de familias asociadas e o número de familias que constitúen a comunidade educativa do centro

SI449B-2026-00000005-03

ANPA CEIP Albino Núñez

G32013237

Anexo II debidamente asinado

SI449B-2026-00000007-03

Asociación de Nais e Pais de Alumnos CEIP Medeiros

G32492027

Anexo III: cubrir coherentemente o punto 1 e 2

SI449B-2026-00000010-03

ANPA CEIP Carlos Casares

G32181208

Anexo III: revisar e modificar as datas de inicio e de fin da realización

SI449B-2026-00000011-03

APA Colexio Santo Ángel

G32110116

Anexo III: revisar e modificar as datas de inicio e de fin da realización

SI449B-2026-00000012-03

APA Airiña Colexio EXB Padre Feijóo de Allariz

G32102394

Anexo III punto 2: cubrir o número estimado de participantes

SI449B-2026-00000013-03

ANPA IES Castro Baronceli

G56651565

Anexo II debidamente cuberto e asinado

SI449B-2026-00000015-03

Asociación de Pais e Nais de Alumnos do CEIP O Bolo

G32485880

Acreditar a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito.

SI449B-2026-00000016-03

Asociación Nais e Pais de Alumnos de Baltar

G56385339

Anexo III: cubrir coherentemente o punto 1 e 2

SI449B-2026-00000017-03

APA do Instituto BUP núm. 4 O Couto

G32147522

Anexo II: xustificar por que a data do acordo da solicitude da subvención non está dentro do prazo para presentala.

Anexo III punto 2: revisar e modificar datas de inicio e de fin da realización.

SI449B-2026-00000018-03

APA Xosé Manuel Folla Respiño

G32325466

Anexo II debidamente cuberto e asinado

SI449B-2026-00000020-03

Pais e Nais de Alumnos do Virxe do Camiño de Rubiá

G32130494

Anexo II

Debidamente cuberto e asinado

Xustificar por que a data do acordo da solicitude da subvención non está dentro do prazo para presentala.

Anexo III: cubrir coherentemente o punto 1 e 2

SI449B-2026-00000022-03

APA Colexio Público EXB Emilia Pardo Bazán-Leiro

G32138794

Acreditar a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito

SI449B-2026-00000023-03

APA Colexio Divina Pastora Franciscanas

G32013161

Acreditar a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito

Anexo II

Debidamente cuberto e asinado

Xustificar por que a data do acordo da solicitude da subvención non está dentro do prazo para presentala

SI449B-2026-00000028-03

APA A Galocha-Colexio Público Eduardo Avila Bustillo

G32118036

Anexo I

Denominación programa solicitado

Indicar o custo total da actuación e o importe de subvención solicitada

SI449B-2026-00000036-03

APA do Colexio Público Xoaquín Lourenzo

G32178824

Anexo III: cubrir coherentemente os puntos 1 e 2, a data de realización de actividades

SI449B-2026-00000041-03

APA e Ex-alumnos Bemchosei do Colexio Público EXB do Pereiro de Aguiar

G32173312

Anexo II debidamente cuberto e asinado

Anexo III: deberase cumprir o artigo 5.1: como mínimo unha actividade de difusión estará dirixida directamente ás familias

SI449B-2026-00000042-03

ANPA CPI Virxe dos Remedios

G32218331

Acreditar a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito

Anexo II: xustificar por que a data do acordo da solicitude da subvención non está dentro do prazo para presentala

Anexo III punto 2: revisar e modificar as datas de inicio e de fin da realización

SI449B-2026-00000043-03

ANPA CEIP Plurilingüe Ribadavia

G32009326

Acreditar a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito

SI449B-2026-00000044-03

ANPA IES Ribeiro

G32222648

Acreditar a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito

SI449B-2026-00000045-03

Asociación ANPA Paniagua do CEIP Curros Enríquez

G32475592

Anexo II debidamente asinado

Anexo III: revisar e modificar datas de inicio e de fin da realización de actividades

SI449B-2026-00000046-03

Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as O Xurés

G26656744

Anexo II punto 2 da certificación: cubrir o número de familias asociadas

Anexo III debidamente cuberto e asinado

Non se valorará ningunha memoria complementaria (artigo 8.1.b)

SI449B-2026-00000047-03

ANPA Escola Activa

Acreditar a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito

Anexo I: o NIF non corresponde coa razón social

Anexo II debidamente cuberto e asinado

Anexo III debidamente cuberto e asinado

Xustificar o número de horas da actividade coas familias

SI449B-2026-00000048-03

ANPA O Agro do CEIP Santa María A Real de Entrimo

G32010183

Anexo II punto 2 da certificación: cubrir o número de familias asociadas e o número de familias que constitúen a comunidade educativa do centro

Anexo III debidamente asinado

SI449B-2026-00000049-03

Asociación ANPA Nosa Señora de Xuvencos

G32028631

Anexo II debidamente asinado

Xustificar por que a data do acordo da solicitude da subvención non está dentro do prazo para presentala.

Anexo III punto 2: cubrir datas de inicio e de fin da realización das actividades