No Diario Oficial de Galicia núm. 26, do 9 de febreiro de 2026, publícase a Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI449B).
A través da dita orde convócanse as subvencións destinadas ás asociacións de nais e pais de alumnado (ANPA) e ás federacións ou confederacións de ANPA dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para a seguinte liña de actuación: Actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres (SI449B).
O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 7 da Orde do 22 de decembro de 2025. Así mesmo, no artigo 8 determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde no procedemento SI449B correspondentes á provincia de Lugo pola unidade de Igualdade do Departamento Territorial de Lugo tramitadora e encargada da súa instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos, procedendo á emisión do requirimento da correspondente emenda no prazo de dez días hábiles desde a súa notificación ao abeiro do disposto no artigo 12.1.
O parágrafo segundo do dito artigo 12.1 da Orde do 22 de decembro de 2025 dispón que por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o requirimento de emenda das solicitudes publicaranse no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do requirimento de emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI449B), correspondentes á provincia de Lugo e emitido o 30 de marzo de 2026, por non estar debidamente cubertas e/ou non achegar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e que figura no anexo desta resolución (anexo: requirimento de emenda de documentación-SI449B 2026).
2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes que figuran no anexo desta resolución de que son requiridas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución, coa advertencia de que, de non o facer, se lles terá por desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.
3. Informar ás persoas interesadas de que, de acordo co establecido no artigo 9 das bases reguladoras, a presentación da documentación requirida debe ser realizada electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Na sede electrónica da Xunta de Galicia están dispoñibles os modelos normalizados dos anexos relativos ao procedemento SI449B-Axudas económicas ás ANPA destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres-Sede electrónica-Xunta de Galicia.
4. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse ás unidades de Igualdade do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade a través do teléfono indicado no artigo 25 da convocatoria (Lugo: 982 29 43 55), ou presencialmente.
Lugo, 31 de marzo de 2026
Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo
ANEXO
Requirimento de emenda de documentación (SI449B 2026)
Asunto: requirimento de emenda de solicitudes relacionadas a continuación por non estar debidamente cubertas e/ou non achegar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras.
Data do requirimento: 30 de marzo de 2026.
Efectos: no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, cómpre emendar o erro ou achegar os documentos preceptivos que figuran na relación, coa advertencia de que, de non o facer, se lles terá por desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.
Órgano instrutor: unidade de Igualdade do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade.
Relación de solicitudes suxeitas a emenda de documentación:
|
Nº de expediente |
Entidade |
NIF |
Documentación requirida |
|
SI449B-2026-00000055-02 |
ANPA Sagrado Corazón |
G27019256 |
Anexo II debidamente asinado |
|
SI449B-2026-00000020-02 |
APA CPI Dr. López Suárez de Friol |
G27328483 |
Anexo II debidamente asinado |
|
SI449B-2026-00000030-02 |
Asociación de Familias Esteo |
G27125020 |
Anexo III debidamente cuberto e asinado. Non se valorará ningunha memoria complementaria (artigo 8.1.b) |
|
SI449B-2026-00000006-02 |
ANPA Librín EEI San Roque |
G56465917 |
Acreditar a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito Anexo III Punto 1: describir detalladamente as actividades e incluír as mensaxes e/ou lemas e explicar o xeito de transmitilos. Punto 2: revisar e modificar datas de inicio e de fin da realización |
|
SI449B-2026-00000019-02 |
APA do Colexio Público de Castroverde |
G27022219 |
Anexo II debidamente cuberto e asinado |
|
SI449B-2026-00000023-02 |
A Pedrosa Latas APA Cillero de Viveiro |
G27019058 |
Anexo I: indicar o custo total da actuación Anexo III: deberase cumprir o artigo 5.1: como mínimo unha actividade de difusión estará dirixida directamente ás familias |
|
SI449B-2026-00000038-02 |
ANPA CEP Lois Tobío |
G01799410 |
Acreditar a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito |
|
SI449B-2026-00000043-02 |
Federación de Asociacións de pais de alumnos Colexios de EGB, BUP e COU |
G27043389 |
Anexo I: cubrir o importe da subvención solicitada Anexo III Punto 1: describir detalladamente as actividades e incluír as mensaxes e/ou lemas e explicar o xeito de transmitilos |
|
SI449B-2026-00000049-02 |
ANPA CEIP San Miguel |
G27226257 |
Anexo II debidamente asinado |
|
SI449B-2026-00000050-02 |
ANPA CPR Cervantes |
G27150754 |
Acreditar a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito |
|
SI449B-2026-00000051-02 |
ANPA CEIP San Xoán |
G27303429 |
Anexo II Punto 4 da certificación: debidamente cuberto |
|
SI449B-2026-00000056-02 |
APA Grupo Escolar Quiroga Ballesteros |
G27120070 |
Anexo II Punto 4 da certificación: debidamente cuberto |
|
SI449B-2026-00000060-02 |
ANPA Santo Estevo |
G27201037 |
Acreditar a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito Anexo III: deberase cumprir o artigo 5.1: como mínimo unha actividade de difusión estará dirixida directamente ás familias |
|
SI449B-2026-00000061-02 |
APA do Col Nal Mixto Comarcal de Abadín |
G27133602 |
Anexo III Punto 1: describir detalladamente as actividades e incluír as mensaxes e/ou lemas e explicar o xeito de transmitilos |
