DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 13 de abril de 2026 Páx. 22359

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se publica o requirimento de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI449B).

No Diario Oficial de Galicia número 26, do 9 de febreiro de 2026, publícase a Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI449B).

A través da dita orde convócanse as subvencións destinadas ás asociacións de nais e pais de alumnado (ANPA) e ás federacións ou confederacións de ANPA dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para a seguinte liña de actuación: actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres (SI449B).

O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 7 da Orde do 22 de decembro de 2025. Así mesmo, no artigo 8 determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde no procedemento SI449B, correspondentes á provincia da Coruña, pola Unidade de Igualdade do Departamento Territorial da Coruña, tramitadora e encargada da súa instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos, e procedeuse á emisión do requirimento da correspondente emenda no prazo de dez días hábiles desde a súa notificación ao abeiro do disposto no artigo 12.1.

O parágrafo segundo do dito artigo 12.1 da Orde do 22 de decembro de 2025 dispón que por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o requirimento de emenda das solicitudes publicaranse no Diario Oficial de Galicia, o cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do requirimento de emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI449B), correspondentes á provincia da Coruña, emitido o 30 de marzo de 2026, por non estaren debidamente cubertas e/ou non achegaren a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras, e que figura no anexo desta resolución (anexo: requirimento de emenda de documentación SI449B 2026).

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes que figuran no anexo desta resolución de que son requiridas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución, coa advertencia de que, de non o facer, se darán por desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.

3. Informar as persoas interesadas de que, de acordo co establecido no artigo 9 das bases reguladoras, a presentación da documentación requirida debe ser realizada electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Na sede electrónica da Xunta de Galicia están dispoñibles os modelos normalizados dos anexos relativos ao procedemento SI449B Axudas económicas ás anpa destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres Sede electrónica-Xunta de Galicia.

4. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse ás unidades de Igualdade do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, a través do teléfono indicado no artigo 25 da convocatoria (A Coruña: 881 88 12 54), ou presencialmente.

A Coruña, 31 de marzo de 2026

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Requirimento de emenda de documentación (SI449B 2026)

Asunto: requirimento de emenda de solicitudes relacionadas a seguir por non estaren debidamente cubertas e/ou non achegaren a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras.

Data do requirimento: 30 de marzo de 2026.

Efectos: no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, cómpre emendar o erro ou achegar os documentos preceptivos que figuran na relación, coa advertencia de que, de non o facer, se darán por desistidas da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.

Órgano instrutor: Unidade de Igualdade do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade.

Relación de solicitudes suxeitas á emenda de documentación:

Nº de expediente

Nome da entidade solicitante

NIF

Documentación requirida

SI449B-2026-00000002-01

ANPA de Alumnas/os CRA Culleredo Cepelín

G09938242

Anexo I debidamente cuberto e asinado

Anexo II debidamente cuberto e asinado

Anexo III debidamente cuberto e asinado

Punto 2: deberase cumprir o artigo 5.1: como mínimo unha actividade de difusión estará dirixida directamente ás familias

SI449B-2026-00000015-01

Asociación de Nais e Pais CEIP Couceiro Freijomil ANPA Eume

G15407596

Anexo III

Cubrir coherentemente os puntos 1 e 2

SI449B-2026-00000018-01

Confederación de ANPA galegas

G70416557

Anexo III

Punto 1 debidamente cuberto

Cubrir coherentemente os puntos 1 e 2

SI449B-2026-00000030-01

Asociación de Pais de Alumnos A Gaivota do CEIP San José Obrero de Meicende

G15231251

Anexo I debidamente cuberto e asinado

Anexo II debidamente cuberto e asinado

SI449B-2026-00000043-01

Asociación de Pais de Alumnos Virxe de Guadalupe do IES Félix Muriel

G15148588

Anexo I

A subvención solicitada non pode ser superior ao custo total da actuación

Anexo II debidamente asinado

SI449B-2026-00000046-01

Asociación de Nais e Pais da EEI Barrionovo de Arteixo

G70297387

Anexo II debidamente cuberto e asinado

Punto 2 da certificación: indicar a porcentaxe correcta de familias asociadas

Anexo III

Punto 1 debidamente cuberto

Cubrir coherentemente os puntos 1 e 2

SI449B-2026-00000047-01

ANPA Coira

G15525207

Anexo I debidamente cuberto e asinado

O custo total da actuación non coincide co reflectido no anexo III

Anexo III debidamente cuberto e asinado

Punto 2 debidamente cuberto. Deberanse recoller as actividades en liña

SI449B-2026-00000049-01

ANPA Despertar do CEIP Alexandro Rodríguez Cadarso da Barquiña

G15239585

Anexo III

Punto 3: o importe total do orzamento de gastos do programa non coincide co reflectido no custo total da actuación do anexo I

SI449B-2026-00000052-01

ANPA do CEIP Apóstolo Santiago

G15041304

Anexo III debidamente cuberto e asinado.

Punto 1 debidamente cuberto.

Cubrir coherentemente os puntos 1 e 2

Punto 3: o importe total do orzamento de gastos do programa non coincide co reflectido no custo total da actuación do anexo I

SI449B-2026-00000063-01

ANPA O Buxato CP O Feal

G15247711

Anexo II debidamente cuberto e asinado

SI449B-2026-00000064-01

Asociación de Nais e Pais de Alumnos Mosteirón

G70184650

Acreditar a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito

SI449B-2026-00000066-01

ANPA Hijas de Cristo Rey Ferrol

G15308430

Anexo III

Cubrir coherentemente os puntos 1 e 2

Punto 2 debidamente cuberto

SI449B-2026-00000068-01

Asociación de Nais e Pais de Alumnas e Alumnos Via Stellae do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela

G70113444

Anexo II

Punto 2 da certificación: indicar a porcentaxe correcta de familias asociadas

Anexo III debidamente cuberto e asinado

Non se valorará ningunha memoria complementaria (artigo 8.1.b)

Cubrir coherentemente os puntos 1 e 2

SI449B-2026-00000070-01

Asociación de Pais e Nais do CEIP plurilingüe Ricardo Tobío de Esteiro

G15357742

Acreditar a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito

SI449B-2026-00000072-01

Asociación de Nais e Pais de Alumnos La Colmena do IES Camilo José Cela de Padrón

G44596781

Anexo II debidamente asinado

SI449B-2026-00000073-01

ANPA A Braña

G15460942

Anexo III

Punto 2: deberase cumprir o artigo 5.1: como mínimo unha actividade de difusión estará dirixida directamente ás familias

SI449B-2026-00000076-01

Asociación de Nais e Pais Cruceiro

G15307739

Anexo III debidamente cuberto e asinado

Punto 1 debidamente cuberto

Cubrir coherentemente os puntos 1 e 2

Punto 2: cubrir o número de horas

SI449B-2026-00000077-01

Federación Provincial de ANPA da Coruña-Costa da Morte

G70366588

Anexo II debidamente cuberto e asinado

Anexo III punto 2: cubrir o lugar de realización

Certificado actualizado das ANPA incorporadas na federación

SI449B-2026-00000081-01

Asociación de Nais e Pais de Alumnos IES Xelmírez II Santiago

G70297502

Anexo I

Cubrir a denominación de programa solicitado coherentemente co reflectido no idéntico campo do anexo III

O importe máximo da subvención para solicitar son 3.000 euros

Anexo II debidamente cuberto e asinado

SI449B-2026-00000082-01

ANPA Uxío do CEIP Eugenio López de Cee

G15881667

Anexo II debidamente cuberto e asinado

Anexo III punto 2: revisar e modificar as datas de inicio e de fin da realización

SI449B-2026-00000083-01

Asociación de Nais e Pais de Alumnos Flavia Pedrón do CEIP Flavia

G70129051

Anexo III debidamente cuberto

Punto 2: a data de fin de realización ten que estar dentro do período subvencionable

SI449B-2026-00000090-01

ANPA Berbiriana CEIP Zalaeta A Coruña

G15059819

Anexo I debidamente cuberto e asinado

Anexo II debidamente cuberto e asinado

SI449B-2026-00000094-01

Asociación de Pais de Alumnos Porta Santa CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco

G15254980

Anexo I debidamente cuberto e asinado

Anexo II: cubrir correctamente os datos da persoa secretaria da entidade

Anexo III debidamente cuberto e asinado

SI449B-2026-00000096-01

ANPA Río de Va

G15892425

Anexo III: cubrir coherentemente os puntos 1 e 2

SI449B-2026-00000098-01

ANPA A Carballeira

G15896129

Cubrir o número de conta bancaria coa titularidade da ANPA

SI449B-2026-00000102-01

Asociación de Nais e Pais de Alumnos A Cubela

G15059371

Anexo III

Punto 2: deberase cumprir o artigo 5.1: como mínimo unha actividade de difusión estará dirixida directamente ás familias

SI449B-2026-00000103-01

Asociación de Nais e Pais de Alumnos Apóstolo Santiago do Colexio San José de Cluny

G15387293

Anexo I debidamente cuberto e asinado

Anexo II debidamente asinado

Anexo III: cubrir coherentemente os puntos 1 e 2

Acreditar a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito

SI449B-2026-00000104-01

ANPA CEIP Andrade

G15500598

Anexo II debidamente cuberto e asinado

Anexo III: cubrir coherentemente os puntos 1 e 2