O 21.8.2025 (DOG núm. 159) publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 15 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a entidades locais para actuacións encamiñadas ao acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento IN308C).
Consonte establece o artigo 2 da dita orde, as subvencións outórganse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2025 e 2026 e imputaranse á aplicación orzamentaria 09.04.734A-760.1, coa seguinte distribución:
|
Aplicación |
Denominación |
Anualidade 2025 |
Anualidade 2026 |
Total |
|
09.04.734A -760.1 |
Axudas aproveitamentos lúdicos |
150.000,00 € |
600.000,00 € |
750.000,00 € |
Tendo en consideración o prazo de presentación de solicitudes, que rematou o 13.10.2025, non foi posible resolver e notificar todas as resolucións de concesión antes da data prevista para a xustificación da primeira anualidade da subvención (4.12.2025), polo que para atender todas as solicitudes que cumpren os requisitos establecidos na orde sería necesario facer un reaxuste de anualidades, sen incrementar o importe total da convocatoria.
O punto segundo do artigo 26 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece que na convocatoria deberá indicarse a contía total máxima que se vai conceder, así como a súa distribución por anualidades, dentro dos límites fixados no artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, atendendo ao momento en que se prevexa realizar o gasto derivado das subvencións que se concedan.
No seu punto terceiro engade que a modificación da distribución inicialmente aprobada requirirá a tramitación do correspondente reaxuste de anualidades no expediente de gasto.
En consecuencia, conforme o exposto,
DISPOÑO:
Primeiro. Reaxustar a dotación orzamentaria prevista para a convocatoria de subvencións a entidades locais para actuacións encamiñadas ao acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento IN308C), coa seguinte distribución por anualidades:
|
Aplicación |
Denominación |
Anualidade 2025 |
Anualidade 2026 |
Total |
|
09.04.734A -760.1 |
Axudas aproveitamentos lúdicos |
0 € |
617.040 € |
617.040 € |
Segundo. O reaxuste do crédito orzamentario da referida convocatoria non incrementa o importe total da convocatoria nin implica a reapertura do prazo para presentar solicitudes.
Terceiro. Esta orde producirá efectos desde o día da súa publicación no DOG.
Santiago de Compostela, 6 de abril de 2026
María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía e Industria
