O Consello Consultivo de Galicia, creado pola Lei 9/1995, do 10 de novembro, e regulado na actualidade pola Lei 3/2014, do 24 de abril, é o supremo órgano consultivo da Xunta de Galicia e das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, actúa con independencia respecto de calquera órgano e, en garantía dela, goza de autonomía orgánica e funcional, e os seus membros non están ligados por ningún mandato imperativo.
A aprobación da modificación da relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia xustifícase, segundo resulta da documentación que integra o expediente, polas necesidades funcionais e organizativas actuais tras a publicación da Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, que modificou a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e que na nova redacción establece «que se crea a Comisión da Transparencia como órgano colexiado independente adscrito ao Consello Consultivo de Galicia. Igualmente, atribúense as funcións do Comisionado da Transparencia á Presidencia do Consello Consultivo».
Trátase dunha modificación parcial que contén cambios de diversa natureza pero que, por razóns de eficacia e operatividade, se considera máis axeitada unha publicación completa e non parcial desta, de tal xeito que nesta publicación figuran postos cuxas clasificacións e características foron aprobadas polo Consello da Xunta en modificacións anteriores.
En consecuencia, por proposta do Consello Consultivo de Galicia, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 6 de abril de 2026, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia, que se xunta como anexo a este acordo.
Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 6 de abril de 2026, relativo á aprobación da relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 7 de abril de 2026
Andrés Lago Louro
Presidente do Consello Consultivo de Galicia
ANEXO
Relación de postos de traballo do Consello Consultivo de Galicia
Persoal funcionario
|
Código do posto |
Denominación |
Nivel |
Complemento específico |
Forma de provisión |
Subgrupo |
Corpo/escala |
Adscr. Admón. p. |
Titulación académica |
Formación específica |
|
CCG 002 |
Letrado/a maior |
30 |
39.597,74 € |
LD |
A1 |
XSL |
AXG |
||
|
CCG 003 |
Letrado/a |
30 |
31.567,06 € |
LD |
A1 |
(1) |
(2) |
2062 |
640 |
|
CCG 004 |
Letrado/a |
30 |
31.567,06 € |
LD |
A1 |
XSL |
AXG |
||
|
CCG 005 |
Letrado/a |
30 |
31.567,06 € |
LD |
A1 |
XSL |
AXG |
||
|
CCG 006 |
Letrado/a |
30 |
31.567,06 € |
LD |
A1 |
XSL |
AXG |
||
|
CCG 007 |
Letrado/a |
30 |
31.567,06 € |
LD |
A1 |
XSL |
AXG |
||
|
CCG 008 |
Letrado/a |
30 |
31.567,06 € |
LD |
A1 |
XSL |
AXG |
||
|
CCG 025 |
Xefe/a do Servizo de Transparencia |
28 |
19.990,04 € |
LD |
A1-A2 |
Xeral |
A11 |
2062 |
640 |
|
CCG 026 |
Xefe/a da Sección de Transparencia |
25 |
14.729,40 € |
C |
A1 |
Xeral |
A11 |
2062 |
640 |
|
CCG 027 |
Xefe/a de negociado |
18 |
8.064,84 € |
C |
A2-C1-C2 |
Xeral |
A11 |
640 |
|
|
CCG 031 |
Xefe/a do Servizo de Xestión Económica e de Persoal e Habilitación |
28 |
19.990,04 € |
LD |
A1-A2 |
Xeral |
A11 |
640 |
|
|
CCG 033 |
Xefe/a de negociado de Habilitación |
20 |
8.877,68 € |
C |
A2-C1-C2 |
Xeral |
A11 |
640 |
|
|
CCG 035 |
Secretario/a do/da presidente/a |
20 |
8.877,68 € |
LD |
C1-C2 |
Xeral |
A11 |
640 |
|
|
CCG 036 |
Secretario/a do/da secretario/a xeral |
18 |
8.064,84 € |
LD |
C1-C2 |
Xeral |
A11 |
640 |
|
|
CCG 037 |
Secretario/a conselleiro/a |
20 |
8.877,68 € |
LD |
C1-C2 |
Xeral |
A11 |
640 |
|
|
CCG 038 |
Secretario/a conselleiro/a |
20 |
8.877,68 € |
LD |
C1-C2 |
Xeral |
A11 |
640 |
|
|
CCG 039 |
Secretario/a conselleiro/a |
20 |
8.877,68 € |
LD |
C1-C2 |
Xeral |
A11 |
640 |
|
|
CCG 040 |
Secretario/a conselleiro/a |
20 |
8.877,68 € |
LD |
C1-C2 |
Xeral |
A11 |
640 |
|
|
CCG 051 |
Subalterno/a |
10 |
6.984,18 € |
C |
AP |
Xeral |
A11 |
640 |
Persoal laboral
|
Código do posto |
Denominación |
Forma provisión |
Grupo |
Categoría |
Titulación académica |
Formación específica |
|
CCG 020 |
Titulado/a de grao medio |
C |
II |
7 |
3999 |
143 |
CÓDIGO CORPO/ESCALA:
XSL: XERAL (ESCALA LETRADOS).
(1): ART. 30.2 LEI 3/2014, DO 24 DE ABRIL-FUNCIONARIOS DO CORPO SUPERIOR DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA, ESCALA DE LETRADOS; ESCALA DE FUNCIONARIOS DE ADMINISTRACIÓN LOCAL CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER NACIONAL, SUBESCALA DE SECRETARÍA.
CÓDIGO ADSCRICIÓN ADMINISTRACIÓN:
AXG: ADSCRICIÓN A PERSOAL FUNCIONARIO DA XUNTA DE GALICIA.
A11: ADSCRICIÓN INDISTINTA A PERSOAL FUNCIONARIO DA XUNTA DE GALICIA, DOUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS E DO ESTADO.
(2): ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA (AXG) E ADMINISTRACIÓN LOCAL NO CASO DE FUNCIONARIOS DE ADMINISTRACIÓN LOCAL CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER NACIONAL.
CÓDIGO TITULACIÓN ACADÉMICA:
2062: LICENCIADO/A OU GRAO EN DEREITO.
3999: DIPLOMADO/A UNIVERSITARIO.
CÓDIGO FORMACIÓN ESPECÍFICA:
143: TÉCNICAS DE DOCUMENTACIÓN (REQUISITO IMPRESCINDIBLE).
640: PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE PERFECCIONAMENTO DE GALEGO (R.I.).
