DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 13 de abril de 2026 Páx. 22478

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 24 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT VAR808B apoio 9UMQ2SLD, no concello de Vilagarcía de Arousa.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio comunícase a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT VAR808B apoio 9UMQ2SLD, que se realizarán na casa do concello de Vilagarcía de Arousa, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 24 de marzo de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/222-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Regulamentación LMT VAR808B apoio 9UMQ2SLD.

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Finca

Ref. catastral

Lugar

Titular

Data

Hora

1

36060A007000790000GY

Corgo

Antonio Boveda Alejandre

30 de abril de 2026

13.00