DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 13 de abril de 2026 Páx. 22477

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 24 de marzo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente IN407A 2021/150-1, no concello de Ames.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación dos prezos xustos determinados polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA, CTI, RBT, Augapesada II, no concello de Ames (expediente IN407A 2021/150-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 24 de marzo de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/150-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTA, CTI, RBT, Augapesada II.

Concello: Ames.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade proposta

Depósito

Importe

2

Igrexa

Polígono: 503

Parcela: 264

Descoñecida

2026/15/276

2.461,79 €

4

Loronxo

Polígono: 503

Parcela: 1513

Descoñecida

2026/15/277

8.554,25 €

5

A Braña

Polígono: 503

Parcela: 265

Descoñecida

2026/15/278

290,72 €