Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, por promoción interna, en quince prazas da escala técnica de auxiliar de servizos e unha da escala técnica de telefonista, subgrupo C2, convocadas pola Resolución do 10 de febreiro de 2025 (DOG do 21 de febreiro).
Verificada a concorrencia no persoal aspirante aprobado dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.
De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e nos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 94/2025, do 6 de outubro (DOG do 27 de outubro).
Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 136 dos estatutos desta universidade, e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 10 de xullo de 2024,
RESOLVE:
Primeiro. Nomear funcionarios/as de carreira, da escala técnica de auxiliar de servizos, subgrupo C2, da Universidade da Coruña, os/as aspirantes aprobados/as polo sistema de promoción interna que se relacionan no anexo.
Segundo. Para adquirir a condición de funcionaria de carreira, a persoa que se relaciona deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
A Coruña, 11 de marzo de 2026
O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Jesús Grela Barreiro
Xerente da Universidade da Coruña
ANEXO
Escala técnica auxiliar de servizos, subgrupo C2
|
DNI |
Apelido 1 |
Apelido 2 |
Nome |
Fase de oposición |
Fase de concurso |
Puntuación |
|
***8139** |
López |
Vázquez |
Ángel Manuel |
66,5 |
20 |
86,5 |
|
***9355** |
Becerra |
Carril |
José Ignacio |
65,625 |
20 |
85,625 |
|
***4676** |
Pérez |
Villar |
José Luis |
63 |
20 |
83 |
|
***0431** |
De Ois |
Herbón |
Mª del Carmen |
56 |
24 |
80 |
|
***3547** |
Parada |
Robles |
Patricio |
56,875 |
20 |
76,875 |
|
***0018** |
Calvo |
Liste |
Ana María |
55,125 |
20 |
75,125 |
|
***9815** |
Balado |
Tarrela |
Marta |
54,25 |
20 |
74,25 |
|
***4386** |
Casal |
Raíndo |
Rafael |
53,375 |
20 |
73,375 |
