DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 13 de abril de 2026 Páx. 22527

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO de notificación do requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e téndose intentado a notificación á persoa responsable, sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Moaña, mediante este anuncio ponse de manifesto o incumprimento pola persoa responsable que a seguir se indica da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coa parcela que se describe, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Expediente

3347/2024

Referencia catastral

36029A039002900000ID

Identificación da persoa responsable

Adelaida Regueira González

Título polo cal é considerada responsable

Titular catastral

Provincia

Pontevedra

Concello

Moaña

Parroquia

Domaio

Lugar

Palmás

Polígono

39

Parcela

290

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos da xestión de biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se proce-derá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas franxas secundarias establecese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Nº de expediente

Referencia catastral

ha afectada

Estimación prezo

Liquidación provisional

3347/2024

36029A039002900000ID

0,0127 ha

3545,82 €/ha

45,03 €

4º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal, a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a. A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

5º. O texto íntegro da comunicación estará ao dispor das persoas destinatarias na sede electrónica do Concello de Moaña.

Moaña, 17 de marzo de 2026

Leticia Santos Paz
Alcaldesa