No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 50, do 13 de marzo de 2026, publicáronse integramente as bases que rexerán o proceso selectivo para a cobertura, polo sistema de oposición, de tres prazas de peón (agrupacións profesionais) da escala da Administración especial, subescala servizos especiais-persoal de oficios.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios, cando proceda conforme as bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da sede do Concello de Marín.
Marín, 16 de marzo de 2026
María Ramallo Vázquez
Alcaldesa
