DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 13 de abril de 2026 Páx. 22522

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cospeito

ANUNCIO de notificación do requirimento de xestión da biomasa.

En relación co disposto no artigo 22.2 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, para os supostos de incumprimento por parte das persoas responsables da obriga da biomasa e retirada de especies arboréas prohibidas, o Concello de Cospeito fai pública a existencia de notificacións ás seguintes persoas en relación coas parcelas sinaladas, despois de que resultasen infrutuosas, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

Número de expediente

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Titular responsable NIF semioculto

992/2024

71

513

27015A071005130000SO

Herdeiros de Jaime Díaz Lage

665/2024

61

594

27015A061005940000SE

Artemio Gil Corral

665/2025

61

594

27015A061005940000SE

Genoveva Gil Corral

885/2024

27

379

27015A027003790000SZ

Mª Aurora Castro López

886/2024

27

375

27015A027003750000SI

Alfredo Novo Campos

887/2024

27

374

27015A027003740000SX

Raquel Díaz Vázquez

889/2024

27

372

27015A027003720000SR

Raquel Díaz Vázquez

601/2021

71

137

27015A071001370000SJ

Luis Fernández González

553/2025

28

527

27015A028005270000SP

Mª Nieves Debasa Díaz

554/2025

28

356

27015A028003560000SZ

Benigna Vázquez Rivas

586/2025

56

35

27015A056000350000SZ

Francisco Anllo Balsa

586/2025

56

35

27015A056000350000SZ

José Antonio Anllo Balsa

586/2025

56

35

27015A056000350000SZ

Victorino Anllo Balsa

596/2025

56

133

27015A056001330000SU

Adelina González Broz

En virtude do anterior, comunícaselles que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, os responsables dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

En caso de persistencia no incumprimento, transcorrido o citado prazo, o Concello efectuará sen máis trámites a execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da citada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o necesario acceso para realizar os traballos de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen o consentimento da persoa titular, salvo nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

En caso de efectuar a execución subsidiaria, o Concello liquidará provisionalmente os custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se efectuará a súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, unha vez transcorrido o prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez finalizados os traballos, de ser o caso. Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas franxas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Número de expediente

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Liquidación provisional

992/2024

71

513

27015A071005130000SO

245,10 €

665/2024

61

594

27015A061005940000SE

1.192,50 €

885/2024

27

379

27015A027003790000SZ

416,27 €

886/2024

27

375

27015A027003750000SI

211,89 €

887/2024

27

374

27015A027003740000SX

390,18 €

889/2024

27

372

27015A027003720000SR

231,26 €

601/2021

71

137

27015A071001370000SJ

205,09 €

553/2025

28

527

27015A028005270000SP

338,01 €

554/2025

28

356

27015A028003560000SZ

534,88 €

586/2025

56

35

27015A056000350000SZ

347,48 €

596/2025

56

133

27015A056001330000SU

1.973,81 €

En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador, para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal, a persoa titular do departamento territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para resolver os procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a. A persoa titular do departamento territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais respecto diso, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se pode impor no caso de infracción leve: 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. En caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

d) Efectuarase o comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da comunicación estará ao dispor das persoas destinatarias na sede electrónica do Concello de Cospeito e nas oficinas municipais sitas na avenida da Terra Chá, 29, A Feira do Monte, Cospeito (Lugo).

Cospeito, 17 de marzo de 2026

Armando Castosa Alvariño
Alcalde