En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Comunidade de Usuarios de Romarís.
Expediente: DH.A15.105183.
Volume total anual: 3.500 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,87 l/s.
Destino: rega.
Orixe: dous mananciais.
Lugar: Romarís.
Parroquia: San Xián de Sales.
Concello: Vedra.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación de dous mananciais, situados nas parcelas de referencia catastral 15090A002004000000SM e 15090A002003670000SM, mediante arquetas de obra de fábrica, e a súa condución mediante unha tubaxe de formigón existente ata chegar ao punto de repartición, a partir do cal discorrerá unha tubaxe de polietileno de 25 mm ao longo duns 500 m ata as parcelas que se regan, de referencias catastrais 002502900NH34B, 15090A00200813, 15090A00200813, 15090A00200803 e 002501500NH34B.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2026
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
