En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Ramón Casal Rumbo/Comunidade de Usuarios de Berres.
DNI: ***3170**.
Expediente: DH.A36.107798.
Volume total anual: 3.399,87 m³/ano.
Destino: rega.
Orixe: manancial.
Lugar: Rocaforte e Pazos.
Parroquia: Berres (San Vicenzo).
Concello: A Estrada.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación dun manancial situado na parcela de referencia catastral 36017M505006610000FE, e na súa condución por unha tubaxe de 20 mm de diámetro para a rega das parcelas situadas ao norte, a uns 2 km de distancia, no lugar de Pazos.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2025
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
