DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 13 de abril de 2026 Páx. 22487

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2026 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas das bateas Z I e S.M. I.

Antecedentes:

1. O día 3 de marzo de 2026, María Dolores Domínguez Pérez, Ana María Pérez Suárez e Manuel Isidoro José Domínguez Santos solicitaron a autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas das bateas Z I e S.M. I.

2. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a súa tramitación.

Consideracións legais e técnicas:

1. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

2. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, nos seus artigos 209 e seguintes regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

3. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas dos seguintes viveiros:

Tipo: batea.

Nome: Z I.

Situación:

Cuadrícula núm.: 30.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 23.8.1969.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Manuel Isidoro José Domínguez Santos (***1673**) e Ana María Pérez Suárez (***3665**).

Nova titular: María Dolores Domínguez Pérez (***8185**) (100% privativa).

Tipo: batea.

Nome: S.M. I.

Situación:

Cuadrícula núm.: 16.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 4.8.1969.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Manuel Isidoro José Domínguez Santos (***1673**) .

Nova titular: María Dolores Domínguez Pérez (***8185**) (100% privativa).

A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e nas obrigas dos anteriores desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Declarar a perda de eficacia da resolucións do 24.10.2025 e 29.12.2025 polas que se lle autorizou a Manuel Isidoro José Domínguez Santos (cos números de expediente PE515A-2025-00247 e PE515A-2025-00693) a extracción de semente de mexillón debido á modificación dos termos recollidos nelas, de conformidade co establecido no artigo 8.4 da Orde do 26 de outubro do 2000.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

A Coruña, 17 de marzo de 2026

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
A directora territorial da Coruña
P.A. (Resolución do 13.5.2024)
Miguel Gómez Losada
Xefe do Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro da Coruña