DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 14 de abril de 2026 Páx. 22843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 24 de marzo de 2026, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia en varios expedientes.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar as comparecencias, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 24 de marzo de 2026

O xefe da Área Provincial da Coruña
P.S. (Resolución do 3.3.2026)
José Manuel Valeriano Rosales Escuredo
Xefe do Servizo Técnico

ANEXO

Expediente

DNI/NIF/NIE

Acto obxecto de notificación

DES. 7/25

32700476L

Resolución

DES. 10/25

32738300P

Resolución

DES. 10/25

32916341Y

Resolución

DES. 7/26

53160919F

Acordo de inicio