DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 14 de abril de 2026 Páx. 22816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 24 de marzo de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a corrección de erros da resolución de clasificación como veciñal en man común do monte denominado As Herdas, Campos e Lameiras, Cofatiñas e Valiño do Sobreiro, Feal de Abaixo, Regata 1, Regata 2 e San Alberte, no concello de Toén.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, na sesión que tivo lugar o 1 de decembro de 2025, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado As Herdas, Campos e Lameiras, Cofatiñas e Valiño do Sobreiro, Feal de Abaixo, Regata 1, Regata 2 e San Alberte, no concello de Toén, resultan os seguintes feitos:

Primeiro. O 11 de xuño de 2019 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural un escrito da CMVMC de Moreiras e Trelle, dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, en que solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas As Herdas, Campos e Lameiras, Cofatiñas e Valiño do Sobreiro, Feal de Abaixo, Regata 1, Regata 2 e San Alberte.

Segundo. O 17 de febreiro de 2025, o Xurado Provincial acordou iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. Contra o acordo de inicio do procedemento presentáronse diversos escritos de alegacións en que se solicitaba a exclusión de parcelas incluídas no acordo de inicio da clasificación. Respecto destas, e no que se refire ás parcelas catastrais 32082A07200002, 32082A07200053, 32082A07200054, 32082A07200056 e 32082A07300023, cabe sinalar que se trata de afeccións pequenas ou residuais que non teñen base real ao procederen de inexactitudes presentes na cartografía catastral, a cal non se axusta aos elementos reais que definen as parcelas sobre o terreo,. polo que o Xurado Provincial considera que procede desestimar a solicitude de exclusión das citadas parcelas.

No caso das reclamacións sobre as parcelas catastrais 32082A08400091, 32082A08400093, 32082A08400095 e 32082A08400239, trátase de afeccións máis significativas que non derivan da imprecisión cartográfica catastral, senón que parecen obedecer á súa correspondencia cunha parcela antiga, a núm. 226 do pol. 84 do Catastro de 1957, atribuída a Comunal de Xerdas (denominación posiblemente correspondente co termo «Herdas» que dá nome ao predio 1 da solicitude). Trátase dunha parcela que se atopaba claramente diferenciada das estremeiras (en concreto, parcelas núm. 144, 136, 141 e 146, correspondentes coas partes non solicitadas das referencias catastrais alegadas) ao estar separada delas por un camiño.

Durante a inspección efectuada in situ dos terreos en cuestión, o titular catastral das parcelas 32082A08400091 e 32082A08400239 manifestou que o anaco afectado era comunal ou do concello, sen que en ningún caso formase parte da súa parcela e que, de feito, aproveitouse dese carácter comunal ou público para abrir a través dese anaco unha rampla de acceso ao seu predio; situación esta que manifestou extensible aos predios lindeiros (RR.CC. 32082A08400076, 32082A08400093 e 32082A08400095). En consecuencia, considérase que as parcelas afectadas teñen un pasado e unha evolución compatibles coa condición de monte veciñal en man común, polo que o Xurado acorda a desestimación das solicitudes relativas ás parcelas catastrais 32082A08400091, 32082A08400093, 32082A08400095 e 32082A08400239.

No caso das parcelas catastrais 32082A00300070, 32082A00400065, 32082A00700112 e 32082A00700115, os reclamantes non achegaron documentación xustificativa da propiedade, polo que o Xurado considera que procede inadmitir as súas solicitudes.

Por último, no que respecta á reclamación do concello sobre as parcelas 32082A08009005 (ramal), 32082A08009007, 32082A00409003, 32082A00409004, 32082A00709002, 32082A00709003, 32082A00709004, 32082A00709005 (ramal), 32082A00809003, 32082A00809004 e 32082A07209004 (2 ramais), os camiños correspondentes ás citadas parcelas son internos aos propios predios, de xeito que non habilitan un acceso a outras explotacións ou parcelas distintas das incluídas na propia clasificación, polo que o Xurado considera que procede a súa clasificación.

O Xurado Provincial considera que a clasificación das parcelas citadas se entende sen prexuízo das servidumes de paso que existan sobre o terreo.

Con base no exposto, o Xurado acorda a clasificación do monte como veciñal en man común.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación existente no expediente, descríbese así:

Nome do monte: As Herdas, Campos e Lameiras, Cofatiñas e Valiño do Sobreiro, Feal de Abaixo, Regata 1, Regata 2 e San Alberte.

Superficie: 86,32 ha.

Pertenza: CMVMC de Moreiras e Trelle.

Parroquia: Moreiras (San Pedro) e Trelle (Nosa Señora dos Anxos).

Concello: Toén.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

– Predio 1 (As Herdas).

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polo camiño correspondente á parcela coa R.C. 32082A07909002.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Estremas

Referencia catastral

32082A07900204 (parte)

32082A07900206 (parte)

32082A08400091 (parte)

32082A08400093 (parte)

Norte

32082A07909002

32082A07900206 (resto)

32082A07900204 (resto)

32082A07909001

Leste

32082A07900106

32082A07900116

32082A07900115

32082A07909008

32082A07900117

32082A07900118

32082A07900120

Sur

32082A07909002

32082A08400075

Oeste

32082A08400091 (resto)

32082A08400239 (resto)

32082A08400093 (resto)

32082A08400095 (resto)

– Predio 2 (Campos e Lameiras).

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polos camiños correspondentes ás parcelas coas RR.CC. 32082A00409006 (estrada OU-0562, Moreiras-Trelle), 32082A00409001 e 32082A00409002.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Estremas

Referencia catastral

32009A05600432 (parte)

32009A05609006 (parte)

32082A00400047 (parte)

32082A00400048 (parte)

32082A00400055 (parte)

32082A00400056

32082A00400057

32082A00400058

32082A00400059

32082A00400060

32082A00400061

32082A00400065

32082A00400068

32082A00409003

32082A00500052

32082A00500063

32082A00700104

32082A00700106

32082A00700107

32082A00700108

32082A00700109

32082A00700110

32082A00700112

32082A00700113

32082A00700114

32082A00700115

32082A00700116

32082A00709002

32082A00709003

32082A00709004

32082A00709005 (parte)

32082A00800232

32082A00800287

32082A00809003

32082A00809004

Norte

32082A00700089

32082A00700090

32082A00700091

32082A00700092

32082A00709005 (resto)

32082A00709001

Leste

32082A00509010

32082A00509005

32082A00409001

32082A00409002

32009A05600005

Sur

32009A05609006 (resto)

32009A05600432 (resto)

32009A05309001

Oeste

32082A00400010

32082A00400011

32082A00400066

32082A00400067

32082A00400007

32082A00400006

32082A00400005

32082A00400004

32082A00400013

32082A00409004

32082A00400003

32082A00400002

32082A00400001

32082A00409006

32082A00800246

32082A00800244

32082A00800242

32082A00800239

32082A00800238

32082A00800237

32082A00800236

32082A00800235

32082A00800234

32082A00800233

32082A00809005

32082A00809012

32082A00709011

– Predio 3 (Cofatiñas e Valiño do Sobreiro).

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polo camiño correspondente á parcela coa R.C. 32082A00309005 (estrada OU-0562, Moreiras-Trelle).

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Estremas

Referencia catastral

32082A00300055 (parte)

32082A00300059 (parte)

32082A00300060 (parte)

32082A00300063 (parte)

32082A00300064 (parte)

32082A00300065 (parte)

32082A00300066 (parte)

32082A00300067 (parte)

32082A00300069 (parte)

32082A00300070 (parte)

32082A00300071 (parte)

32082A00300079 (parte)

32082A00300080 (parte)

32082A00300081 (parte)

Norte

32082A00309005

Leste

32082A00309002

Sur

32082A00209001

32082A00209008

Oeste

32082A00300055 (resto)

32082A00300060 (resto)

32082A00300070 (resto)

32082A00300069 (resto)

32082A00300071 (resto)

32082A00300067 (resto)

32082A00300066 (resto)

32082A00300065 (resto)

32082A00300064 (resto)

32082A00300063 (resto)

32082A00300059

32082A00300036

32082A00300034

32082A00300075

32082A00300076

32082A00300077

32082A00300078

32082A00300079 (resto)

32082A00300080 (resto)

32082A00300081 (resto)

– Predio 4 (Feal de Abaixo).

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polos camiños correspondentes ás parcelas coas RR.CC. 32082A07909005 e 32082A08009005.

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Estremas

Referencia catastral

Norte

32082A08000145 (resto)

32082A08000141 (resto)

32082A08000143

32082A07900044 (parte)

32082A07900045 (parte)

32082A08000138

32082A08000139

32082A08000140

32082A08000141 (parte)

32082A08000145 (parte)

32082A08009005 (parte)

32082A08009007

Leste

32082A0809008

32082A08000027

32082A08000029

32082A08000210

Sur

32082A08009005 (resto)

32082A08000136

32082A08000137

32082A08000134

32082A07909005

32082A07900043

Oeste

32082A07900046

32082A07900047

32082A07900044 (resto)

32082A07900045 (resto)

32082A07900050

32082A07909005

– Predio 5 (Regata 1).

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Estremas

Referencia catastral

32082A00400026 (parte)

32082A00400027 (parte)

32082A00400028 (parte)

Norte

32082A00400027 (resto)

Leste

32082A00400026 (resto)

Sur

32082A00400029

Oeste

32082A00400028 (resto)

– Predio 6 (Regata 2).

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Estremas

Referencia catastral

32082A00400018 (parte)

32082A00400019 (parte)

Norte

32082A00409002

Leste

32082A00400018 (resto)

Sur

32082A00400020

Oeste

32082A00400019 (resto)

– Predio 7 (San Alberte).

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Estremas

Referencia catastral

Norte

32082A08000145 (resto)

32082A08000141 (resto)

32082A08000143

32082A07200001 (parte)

32082A07200002 (parte)

32082A07200005 (parte)

32082A07200053 (parte)

32082A07200054 (parte)

32082A07200056 (parte)

32082A07200057 (parte)

32082A07200058 (parte)

32082A07200102

32082A07200103

32082A07200104

32082A07200105 (parte)

32082A07209004 (parte)

32082A07300013

32082A07300019 (parte)

32082A07300020 (parte)

32082A07300023 (parte)

32082A08400183 (parte)

Leste

32082A07209004 (resto)

32082A07200005 (resto)

32082A07200001 (resto)

32082A07200002 (resto)

32082A07209005

32082A08400183 (resto)

32082A07200053 (resto)

32082A07200058 (resto)

32082A07200054 (resto)

32082A07200056 (resto)

32082A07200105 (resto)

32082A07200057 (resto)

32082A07209006

32082A07309003

Sur

32082A07309005

32082A07300124

Oeste

32082A07300019 (resto)

32082A07300020 (resto)

32082A07300023 (resto)

32082A07300024

32082A07300025

32082A07300026

Enclavados

000900100NG88D

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común está acreditado mediante os testemuños dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado As Herdas, Campos e Lameiras, Cofatiñas e Valiño do Sobreiro, Feal de Abaixo, Regata 1, Regata 2 e San Alberte, no concello de Toén, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 24 de marzo de 2026

Jose Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense