Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno núm. 43, 9º andar, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A presente resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra) e será resolta polo tribunal de instancia correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Pontevedra, 24 de marzo de 2026
Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
DNI/NIF/CIF |
Resolución notificada |
|
PR204A 2025/09796-4 |
85939919ZWB |
Denegatoria |
|
PR 204A 2025/10395-4 |
231457286 |
Denegatoria |
|
PR 204A 2025/10449-4 |
X3668796C |
Denegatoria |
|
PR 204A 2026/00034-4 |
76868314Z |
Denegatoria |
|
PR 204A 2026/00099-4 |
X6945866G |
Denegatoria |
|
PR 204A 2026/00116-4 |
35575292L |
Denegatoria |
|
PR 204A 2026/00464-4 |
36171387T |
Denegatoria |
|
PR 204A 2026/00641-4 |
53118278P |
Denegatoria |
|
PR 204A 2026/00645-4 |
X5265288J |
Denegatoria |
|
PR 204A 2026/00950-4 |
77006405J |
Denegatoria |
|
PR 204A 2026/00975-4 |
70253989Y |
Denegatoria |
|
PR 204A 2026/01232-4 |
50191126C |
Denegatoria |
