DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 14 de abril de 2026 Páx. 22865

VI. Anuncios

b) Administración local

Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento

ANUNCIO da convocatoria do procedemento para a selección e provisión, por concurso-oposición, de trinta e sete prazas de bombeiro-condutor.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 64, do 20 de marzo de 2026, publicouse a convocatoria do procedemento para a selección e provisión, por concurso-oposición, de trinta e sete prazas de bombeiro-condutor do Consorcio Provincial de Lugo para a prestación do servizo contra incendios e salvamento.

As bases que han de rexer a convocatoria, así como a súa modificación posterior, foron publicadas integramente no BOP de Lugo número 198, do 29 de agosto de 2025, e no BOP de Lugo número 56, do 10 de marzo de 2026.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a este proceso selectivo, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na páxina web e no taboleiro de anuncios do Consorcio.

Lugo, 20 de marzo de 2026

María del Carmen López Moreno
Presidenta do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación
do Servizo contra Incendios e Salvamento