De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non se pode determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa ou se ignora o lugar de notificación, os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación ou esta resultou rexeitada, comunícase ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa, e retirada de especies arbóreas prohibidas nos parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
RESOLVE:
Primeiro. Requerir os/as titulares dos predios relacionados para que procedan na súa obriga de xestionar a biomasa vexetal por comprobarse na acta de inspección de referencia que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, polo que debe efectuar a xestión da biomasa no prazo de 15 días naturais desde a publicación do presente decreto no BOE, e proceder á corta de eucaliptos, piñeiros, acacias e outras especies incluídas no anexo I da Lei 3/2007 así como á limpeza da maleza, nos terreos da súa propiedade de Salceda de Caselas e que se relacionan a seguir:
|
Exp. |
Data acta comprobación |
Ref. catastral |
Pol. |
Parc. |
Localización |
Titular |
|
0888/2024 |
18.6.2024 |
36049A041009270000KH |
41 |
927 |
O Mallón |
Besada Rodríguez, Hortensia Concepción (Herdeiros de) |
|
0888/2024 |
18.6.2024 |
36049A041009280000KW |
41 |
928 |
O Mallón |
Besada Rodríguez, María Josefa (Herdeiros de) |
|
2625/2024 |
30.12.2024 |
36049A044007380000KP |
44 |
738 |
Sobredo |
En investigación |
|
2625/2024 |
30.12.2024 |
36049A044007470000KK |
44 |
747 |
Sobredo |
En investigación |
|
2625/2024 |
30.12.2024 |
36049A044007520000KD |
44 |
752 |
Sobredo |
Rodríguez González, Encarnación |
|
2625/2024 |
30.12.2024 |
36049A044012350000KF |
44 |
1235 |
Sobredo |
Pérez Alonso Prudencio (Herdeiros de) |
|
2625/2024 |
30.12.2024 |
36049A044007480000KR |
44 |
748 |
Sobredo |
Fandiño Fernández Wenceslao |
|
0041/2025 |
10.1.2025 |
36049A012014430000KZ |
12 |
1443 |
O Pazo |
Fernández Fernández Pelagio |
|
0213/2025 |
11.2.2025 |
36049A020005400000KX |
20 |
540 |
A Lavandeira |
En investigación |
|
0213/2025 |
11.2.2025 |
36049A020015420000KX |
20 |
1542 |
A Lavandeira |
En investigación |
|
0213/2025 |
11.2.2025 |
36049A020006060000KS |
20 |
606 |
A Lavandeira |
En investigación |
|
0213/2025 |
11.2.2025 |
36049A020006170000KG |
20 |
617 |
A Lavandeira |
En investigación |
|
0213/2025 |
11.2.2025 |
36049A020006150000KB |
20 |
615 |
A Lavandeira |
En investigación |
|
2090/2025 |
27.8.2025 |
36049A012014320000KK |
12 |
1432 |
O Pazo |
Pérez Fernández, Jesusa |
|
2156/2025 |
28.8.2025 |
36049A012017160000KO |
12 |
1716 |
O Castro |
Ángel Estévez Martínez (Herdeiros de) |
|
2174/2025 |
22.9.2025 |
36049A024005430000KJ |
24 |
543 |
O Barral |
Promociones Dispacon, S.A. |
|
2210/2025 |
24.9.2025 |
36049A023000110000KT |
23 |
11 |
O Barral |
Alonso Rodríguez Rosa |
|
2307/2025 |
25.9.2025 |
36049A042003630000KH |
42 |
363 |
O Mallón |
Lameiro Silva Pilar (Herdeiros de) |
|
2333/2025 |
26.9.2025 |
36049A044001810001LO |
44 |
181 |
Sobredo |
González Ramírez Ceferino |
|
2434/2025 |
23.9.2025 |
36049A021010720000KX |
21 |
1072 |
A Presa |
En investigación |
Segundo. Requerir a persoa denunciada que unha vez limpa a parcela deberá dar conta o Concello de Salceda de Caselas, co fin de levar a cabo a inspección dos traballos realizados.
Terceiro. Faise constar que en caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada 3 meses, cuxa contía será de 900 € por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización pola administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, no seu caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima a impoñer por multa coercitiva será de 100 € con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, a espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.
Cuarto. Advírtese que no caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento no que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria e será notificada á persoa responsable para o seu pagamento.
Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:
|
Nº de expediente |
Ref. catastral |
Ha afectadas por execución subsidiaria |
Custo do tratamento |
Liquidación provisional |
|
0888/2024 |
36049A041009270000KH |
0,046 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 € |
|
0888/2024 |
36049A041009280000KW |
0,093 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,05 € |
|
2625/2024 |
36049A044007380000KP |
0,066 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
735,09 € |
|
2625/2024 |
36049A044007470000KK |
0,060 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
713,10 € |
|
2625/2024 |
36049A044007520000KD |
0,137 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
986,13 € |
|
2625/2024 |
36049A044012350000KF |
0,048 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 € |
|
2625/2024 |
36049A044007480000KR |
0,048 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 € |
|
0041/2025 |
36049A012014430000KZ |
0,047 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 € |
|
0213/2025 |
36049A020005400000KX |
0,046 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 € |
|
0213/2025 |
36049A020015420000KX |
0,055 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
694,67 € |
|
0213/2025 |
36049A020006060000KS |
0,101 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 € |
|
0213/2025 |
36049A020006170000KG |
0,019 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 € |
|
0213/2025 |
36049A020006150000KB |
0,028 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 € |
|
2090/2025 |
36049A012014320000KK |
0,026 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 € |
|
2156/2025 |
36049A012017160000KO |
0,004 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
500,00 € |
|
2174/2025 |
36049A024005430000KJ |
0,099 |
3.953,15 €/ha custo mínimo de 500 € |
889,39 € |
|
2210/2025 |
36049A023000110000KT |
0,094 |
874,91 €/ha custo mínimo de 500 € |
582,07 € |
|
2307/2025 |
36049A042003630000KH |
0,056 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
697,50 € |
|
2333/2025 |
36049A044001810001LO |
0,061 |
3.953,15 €/ha custo mínimo de 500 € |
742,33 € |
|
2434/2025 |
36049A021010720000KX |
0,077 |
3.545,82 €/ha custo mínimo de 500 € |
771,96 € |
Quinto. Advírtese que a falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no que poderán adoptarse medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.
a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):
1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.
2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:
a. A persoa titular do departamento territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.
b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.
c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.
3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.
b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.
c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).
d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.
Sexto. Advertir novamente á persoa interesada que este concello está facultado para proceder á incoación do correspondente expediente de expropiación forzosa no suposto de incumprimento do disposto no presente decreto ao tratarse de titulares descoñecidos, sempre e cando os custos da limpeza superen o valor catastral da parcela tal e como establece a Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e normativa complementaria.
Sétimo. Notificar este acordo ás persoas interesadas neste expediente administrativo a través da publicación no BOE e o DOG segundo o artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente:
a) Recurso de reposición potestativo ante a alcaldesa deste concello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
b) Interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se optase por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produciu a súa desestimación por silencio.
c) Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.
Salceda de Caselas, 23 de marzo de 2026
Mª Dolores Castiñeira Alén
Alcaldesa
